Marín amplía de xeito excepcional a tempada de furanchos até o 31 de xullo

A ordenanza municipal xa contempla esta posibilidade, polo que non é necesario realizar ningunha modificación da mesma. Así o anunciaron hoxe os concelleiros Pablo Novas e Cristina Acuña, que autorizaron catro novos furanchos aos que se lles entregou no Concello o cartel acreditativo

A tempada de furanchos no Concello de Marín estenderase até o 31 de xullo. Así o anunciaron os concelleiros Pablo Novas e Cristina Acuña, que explicaron que se trata dunha medida excepcional para poder paliar os meses de parón do confinamento derivados da pandemia producida polo Covid19.

Esta posibilidade de ampliar a tempada en situacións excepcionais xa está contemplada na ordenanza municipal, polo que non supón ningún problema burocrático facelo nin é necesario tramitar unha modificación do documento regulador. Tal e como explican os edís, “este locais terán que cumprir coas mesmas medidas sanitarias de prevención e hixiene que o resto da hostalaría”.

Ademais, fíxose entrega de catro novas autorizacións de apertura, que sumadas ás que xa había son un total de 12. O listado dos furanchos autorizados é o seguinte:

  1. A do Maño, en A Brea 4
  2. Antonio, en Allariz 19
  3. Víctor, en Castro 41
  4. A do Currante, en Moledo 39B
  5. Amancio, en Ameal 42
  6. Do Chanco, en Pastoriza 9
  7. A Palmeira, en Miñán 8
  8. Marcial, en Casás 29B
  9. Charo, en Ruanova 8
  10. Do Conde, en Ameal 3B
  11. Da Carteira, en Ameal 46
  12. A do Crego, en Miñán 22

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.