Marín mantén as súas bandeiras, sendeiros e centros azuis

Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, O Santo e A Coviña ondearán a tea azul, e a Rede de Sendeiros Azuis segue mantendo tramos da Ruta das Praias, Ruta dos Cinco Miradoiros e de Montes e Praias. Ateneo Santa Cecilia e o CIP de Mogor, repiten como sendeiros

A Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC) fixo pública esta mañá a relación de praias que conseguen ou manteñen a súa Bandeira Azul, así como a listaxe de sendeiros e de centros azuis.

No que respecta a Marín, todas as praias que contaban con este distintivo de calidade medio ambiental volven recibilo, garantindo así que seguen aportando servizos e atractivos imprescindibles nun areal: Portocelo, Mogor, Aguete, Loira, O Santo e A Coviña.

O sendeirismo do noso municipio segue tamén sendo valorado como “azul” pola ADEAC, en diversos tramos de tres dos nosos roteiros: Ruta das Praias, Ruta dos Cinco Miradoiros e a Ruta de Montes e Praias.

Finalmente, o Centro de Interpretación de Petróglifos de Mogor e o Ateneo Santa Cecilia manteñen a súa certificación de Centro Azul.

O Goberno local considera que é “unha moi boa noticia para o noso turismo e a nosa natureza renovar estes distintivos, para o cal se traballa todo o ano no mantemento e na boa saúde dos espazos naturais da nosa vila”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.