MaterFem Maternidades Feministas Galegas. Relegarnos dos coidados non é conciliar

Dende MaterFem Maternidades Feministas Galegas queremos deixar constancia da nosa repulsa ante a insostíbel situación de violencia e desigualdade que estamos a sufrir as familias, e especialmente as nais, a raíz da situación derivada polo COVID 19 e a súa xestión pública, que silencia e invisibiliza unha vez máis a realidade das mulleres.

Coa instauración do estado de alarma aumentou exponencialmente a fenda de xénero, manifestando flagrantemente as múltiples formas de violencia machista que viñamos sufrindo con anterioridade; dende mulleres confinadas co seu maltratador privadas de apoios e rede social, pasando por despidos laborais encubertos, mesmos bulos oportunistas que procuran desacreditar o movemento feminista desvirtuando a realidade dos problemas sociais.

O teletraballo forzoso dunha gran parte da poboación, implementado como medida xeral sen perspectiva de xénero e sen ter en conta as circunstancias sociofamiliares acarreou un aumento brutal de traballo para todas as nais, que de súpeto, ademais do traballo remunerado, tivemos que asumir os roles de coidadoras, amas de casa, mestras, enfermeiras, psicólogas e animadoras de tempo libre as 24 horas do día, impedíndonos dispor de tempo vital para o propio descanso e benestar. A sobrecarga tanto física como psicolóxica derivada dos coidados: do fogar, das crianzas, persoas maiores ou en situación de dependencia, forzan a maior parte da poboación feminina a renunciar ao autocoidado, sumíndonos nunha situación insostíbel de estrés e inacción, por mor da falta de políticas de corresponsabilidade e apoios intitucionais.

O enfoque adultocéntrico das medidas tomadas, que priorizan ante todo o consumo e crecemento económico, menosprezan e abandonan as necesidades dunha gran parte da poboación como é a infancia, xuventude, e terceira idade, recaendo a responsabilidade dos seus coidados e benestar nos nosos ombreiros.

A denominada desescalada e trasición á “nova normalidade” evidencia unha realidade indefendíbel que non está sendo tratada dende os discursos políticos coa seriedade e inmediatez que urxe; a imposibilidade de conciliación dos tempos familiares, laborais, sociais e persoais é unha forma máis de violencia sobre as mulleres; unha violencia estrutural sobre a que se vertebra o sistema capitalista e patriarcal, e violencia institucional que vén das propias administracións e do Estado, que constantemente silencian, infravaloran e invisibilizan a maternidade, reducíndoa á esfera privada.

Por todo isto REIVINDICAMOS unha serie de medidas que poñan no centro o valor dos coidados, da maternidade e da educación, co fin de que a actual situación que estamos a vivir sexa xestionada e aproveitada como unha oportunidade de cambio e transformación social, que redunde favorabelmente no benestar e calidade de vida de toda a sociedade no seu conxunto:

  • Políticas públicas que revaloricen os coidados esenciais vinculados á maternidade para unha conciliación real dos tempos e da calidade de
  • Permisos de maternidade dignos, que teñan en conta as necesidades fisiolóxicas das mulleres e das crianzas: lactación materna, exteroxestación, apego e saúde mental perinatal.
  • Ampliación do permiso de maternidade a 6 meses para garantir a Lactación Materna Exclusiva, segundo as recomendacións da
  • Permisos transferíbeis durante os 6 meses seguintes, que permita ás crianzas desenvolverse en estreita relación coa principal figura de apego durante o primeiro ano de vida. Os permisos iguais e intransferíbeis non eliminan a discriminación no mercado laboral. A fenda salarial non se debe á maternidade, senón a un mercado laboral altamente polarizado e precario que afecta especialmente ás mulleres. (Merino, P., 2019).
  • Estabelecemento dunha Renda Básica de Coidados para as persoas coidadoras durante os 3 primeiros anos das crianzas e/ou coidados de persoas en situación de dependencia. O traballo de coidados equivale ao 53% do PIB (Durán Heras, A. 2012), un traballo non remunerado que no mundo é realizado segundo Nacións Unidas nun 70% por nenas e mulleres.
  • Renda para as nais dirixida ao autocoidado, recuperación do parto e promoción da lactación, independentemente da situación
  • Sanidade pública universal de calidade, dotación de persoal e recursos e incorporación ao sistema sanitario das figuras profesionais emerxentes especializadas en maternidade e crianza.
  • Fin das políticas asistencialistas, insuficientes e electoralistas (bono coidado da Xunta), que deixan fóra a unha gran parte das familias
  • Bonificacións ás empresas por contratación de mulleres que pararon a traxectoria profesional para maternar. A maternidade como mostra de valores: esforzo, responsabilidade e madurez
  • Flexibilidade horaria nas xornadas laborais en función da situación familiar. Posibilidade de negociación e consenso das condicións laborais en función das necesidades sociofamiliares.
  • Opcións mixtas de teletraballo e
  • Permisos laboráis específicos e remunerados para poder atender as situacións de enfermidade das nosas crianzas e hospitalización.
  • Políticas de corresponsabilidade no mercado laboral, nos fogares e entornos socioculturais, que promovan a igualdade responsabilizando aos homes na crianza, xestión dos fogares e outros coidados. Opoñémonos á visión simplista e inequitativa das axudas por redución de xornada exclusivas para os pais, que fortalecen o carácter patriarcal da economía dos fogares, infravaloran as necesidades e desexos das nais e invisibilizan as familias compostas por dúas
  • Implementación de plans de formación específicos en escolas e empresas sobre corresponsabilidade, masculinidades non hexemónicas e perspectiva de xénero. A corresponsabilidade é unha cuestión de transformación social e cultural, non se soluciona con premiar ós pais que cumplen coas súas

-Maior flexibilidade e diversidade nos modelos de recursos sociais para a conciliación; recoñecemento legal de figuras como as nais de día, grupos autoxestionados de nais e pais e outros recursos e modalidades de crianza respectuosa.

  • Reformulación da atención pública nas escolas infantís de 0 a 3 (ratio, espazos, modelos de atención…). Derogación do Decreto 329/2005, de 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á
  • Rexeneración das escolas, centros socioculturais de atención á infancia e xuventude e espazos seguros e saudábeis de xogo e esparexemento, que garantan o dereito á aprendizaxe, saúde e socialización recollidos na Convención dos Dereitos do

Opoñémonos contundentemente ás medidas de apertura de locais de hostelería, discotecas ou estadios de fútbol guiados por cuestións meramente economicistas. Exiximos criterios cimentados nas necesidades biolóxicas e imperativos legais.

  • Modelo de escola adaptado á sociedade da información e do coñecemento, superando o modelo escolar industrial. Traballos interdisciplinares abertos á comunidade e outros recursos sociocomunitarios como bibliotecas, museos, concellos… con grupos reducidos e aumento no profesorado. Metodoloxías cooperativas en grupos reducidos. Educación emocional conectada coa realidade
  • Espazos abertos e maior contacto coa natureza en todos os tramos
  • Constitución de comités interdisciplinares de persoal experto na xestión da volta ás escolas (pedagoxía, psicoloxía, antropoloxía, pediatría, epidemióloxía…) acompañados de procesos abertos e participativos que partan das necesidades reais das familias e valoren os posicionamentos da poboación en clave de xénero.

-Implementación de medidas que teñan en conta as recomendacións da OMS e Proposta da Asociación Española de Pediatría en relación á apertura gradual das áreas de educación infanto xuvenil do 12 de maio de 20201, destacando:

  • Ampliación do permiso de maternidade ou paternidade ate os 12 meses, como condicións habitual de saúde pública, ou nos casos que non sexa posible, facilitar formas flexibles de autorganización, con axudas ás familias ou persoa coidadora para atender as crianzas nos fogares, reducindo a grupos de 5 nenos e nenas por fogar, e en todo caso, dictar normas específicas que favorezca a conciliación especialmente en familias con fillos/as menores de 3 anos”.
  • Ratios de alumnado que non sobre pasen as 15
  • Potenciar plans de educación para a saúde

Porque a volta ás aulas e á nova normalidade debe vir precedida dunha fonda revisión das políticas de conciliación, novos modos de organización e recursos sociais moito máis flexíbeis e humanizados. Relegarnos dos coidados non é conciliar.

Asina e difunde: https://docs.google.com/forms/d/1mG8n7cwoflnSp5M8oS9PuOLShd5fj6F2PAaUrmUigcE/e dit?chromeless=1

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.