Narón abrirá o día 1 de xullo a Oficina de Turismo

O vindeiro 1 de xullo e ata finais do mes de outubro abrirá as súas portas a Oficina de Turismo de Narón, ubicada en Freixeiro

O Concello solicitou unha subvención á Deputación da Coruña, que lle concedeu, e con cargo á que se sufragarán os gastos de contratación de dúas persoas diplomadas en Empresas e Actividades Turísticas e que formaban parte da bolsa de emprego municipal que atenderán as instalacións. A subvención concedida é para catro meses, tempo no que permanecerá operativa a oficina, tal y como indicó la concejala de Turismo, Natalia Hermida.

O horario de apertura será de luns a venres entre as 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas; os sábados e os domingos abrirá de 10.00 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 horas, según avanzou a concelleira de Turismo da cidade, Natalia Hermida. Os días festivos as instalacións permanecerán tamén abertas no seu horario habitual.

“A crise sanitaria obrigounos a pospoñer a reapertura da oficina este mes, tal e como estaba previsto”, explicou Hermida, que subliñou que “funcionará con plenas garantías sanitarias tanto para o persoal que a atende, que terá á súa disposición os medios precisos, como para as persoas que se acheguen ata as instalacións para solicitar información sobre a cidade en particular ou do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas”, asegurou Hermida.

As persoas que o desexen tamén poden poñerse en contacto co persoal da Oficina de Turismo, mentres estea aberta ao público, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 2301).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

16 + 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.