Narón elixirá nun Pleno aos integrantes das mesas electorais do vindeiro 12 de xullo

O Concello de Narón informa á veciñanza da anulación dos nomeamentos das persoas que resultaron notificadas para formar parte dunha mesa electoral  nas eleccións ao Parlamento de Galicia que se ían celebrar o pasado 5 de abril -suspendidas pola pandemia da Covid-19-, tras establecerse así no Real Decreto 45/2020 do 18 de marzo (DOG número 54-bis, do 18 de marzo)

Co fin de elixir ás persoas que formarán parte das mesas electorais para as eleccións autonómicas convocadas para o vindeiro 12 de xullo procederase a realizar un novo sorteo, a través dun pleno que terá lugar o próximo luns, 15 de xuño, no Consistorio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.