O alcalde de Touro revela a súa candidata á praza de informadora turística antes de iniciar o procedemento de selección

As bases da convocatoria para a selección dunha informadora turística foron aprobadas por decreto da alcaldía o pasado 16 de Marzo. Esta praza está subvencionada con fondos da Deputación da Coruña.

A pesares de que neste momento está aberto o procedemento de selección entre os aspirantes, o alcalde deu a sorpresa cando no pleno ordinario do venres 26 de xuño revelou o nome da persoa que el considera que debe obter a praza “é a mellor”, dixo. Isto ocorreu tres días antes de que se celebre a proba a todos os aspirantes na que serán avaliados de diferentes coñecementos sobre a contorna, a cal foi elaborada polo propio concello.

2 comentarios

  • Ramón Mata Espiñeira

    Poden estar ben contentos os do tribunal do Concello de Touro. Non se teñen que romper a cabeza repasando notas….a cazicada xa a descubreu o alcalde no pleno do venres. Todo un exemplo …..Pedreira o secretário do concello estaba presente, algo que correxir!!!

  • jose manuel fernandez vazquez

    A agraciada é Marìa del Rosario Canicoba Castro. Descoñezo a sua formación e capacidade. Sen embargo, buscando contratacións semellantes (Melide, Rianxo…) en todos os casos realizanse probas selectivas e non unha mera entrevista como é o noso caso de Touro. Quizais o Sr. Secretario, coa sua lingoa de madeira debería decir algo. Ao Sr. Codesido Barreiro que non poido conter a alegria un refrán galego” A PALABRA SOLTA NON TEN VOLTA” unha idea para recaudar recursos: vender entradas para o espectáculo dos IRMANS TONETTI

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro × uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.