O Aquarium coruñés comeza mañá o seu horario de verán

Do 1 de xullo ao 31 de agosto, a apertura para as visitas será de 10.00 a
20.00 horas

O Aquarium recibirá visitas desde mañá en horario
de verán até o 31 de agosto, isto é, de 10.00 a 20.00 horas. Non se poderá acceder
máis tarde das 19.00 horas. Ademais, será preciso reservar a entrada co fin de
facilitar o control de acceso dun máximo de 30 persoas cada 20 minutos. Unha vez
dentro das instalacións, a visita terá unha duración ilimitada. A reserva deberá
realizarse por internet, con até 3 días de antelación, a través da ligazón
https://ticketing.coruna.eu/mc2-aq/

Poderán reservarse un máximo de 5 pases por persoa e as/os solicitantes elixirán
o día e o tramo horario, segundo a dispoñibilidade do museo.

Todas as persoas que visiten a Casa dos Peixes deberán gardan unhas normas de
seguridade, como usaren en todo momento e de forma obrigatoria a máscara e
manteren a distancia de dous metros coas e cos visitantes que non convivan.
Tamén evitarán tocar calquera obxecto ou superficie, así como os elementos
interactivos do museo que permanecen deshabilitados.

Polas súas características, o acceso á sala Nautilus poderá organizarse
puntualmente en quendas de 20 minutos en grupos de tamaño reducido e sempre
acompañadas/os por unha persoa do centro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecinueve − 19 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.