O Bergantiños renova a Diego Vela e a Marcos Rodríguez

Os carballeses seguen consolidando o seu proxecto con pezas importantes

Diego Vela, renovado. Logo de chegar ás Eiroas no último mercado de inverno, Diego ganou importancia no equipo cando Lemos o situou no lateral, aínda que é un xogador que se desenvolve con comodidade por toda a banda dereita, tanto de interior como de extremo.

“Estou moi contento de poder seguir no Bergantiños unha temporada máis”, asegurou. “Desde o primeiro momento sentinme moi a gusto, tanto polo trato do club como polo dos meus compañeiros. Hai un proxecto moi bonito para facer cousas importantes. Estamos con moitas ganas de volver”.

Pola súa banda o central Marcos Rodríguez cumprirá a súa terceira temporada no Bergantiños, que se asegura para a parcela defensiva contundencia entrega e experiencia. Marcos, que leva once campañas como xogador de Terceira División, será outro dos comodíns de José Luis Lemos, pois pode desenvolverse tanto de central como de lateral esquerdo.

Marcos mostrouse “moi contento de seguir un ano mais neste gran club”. “Quero”, engadiu, “darlle as grazas á directiva polo esforzo que fai tendo en conta a situación que estamos a vivir; son tempos difíciles para todos. Síntome valorado e moi querido, tanto por esta directiva como por toda a xente do club. Esperemos que este ano sexa o do ascenso, non só o obxectivo do Bergantiños, senón o desexo dunha vila que merece ese regalo”.

Así está o grupo para a próxima temporada: renovados, José Luis Lemos, Iago Martínez, Santi Canedo, Diego Vela, Aarón Rama, Marcos Rodríguez, Pablo Agulló, Marcos Remeseiro e Yelco Alfaya; alta, Carlos López, procedente do C.D. As Pontes; baixas: Granada, Antonio López e Rubén Rivera.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.