O BNG A Coruña insta o Goberno local a que tome medidas “para evitar a destrución de emprego no servizo das Escolas Deportivas Municipais”

“Se hai vontade política, o Concello ten mecanismos para garantir que Amartya continúe a prestar servizo e para asegurar que as traballadoras e os traballadores manteñan o seu emprego”

O portavoz do BNG en María Pita Francisco Jorquera instou este xoves o Goberno Local a que tome medidas para garantir a continuidade do servizo das Escolas Deportivas Municipais, prestado en réxime de concesión pola empresa Amartya, e para asegurar dese xeito o mantemento de todos os postos de traballo.

O voceiro nacionalista fixo este emprazamento ao Executivo coruñés durante a reunión que esta mañá mantivo en María Pita a Comisión de Deportes.

“Perante a crise da Covid-19, no Concello os distintos grupos acordamos que non se suspendese ningún contrato con concesionarias, co obxectivo de evitar a destrución de emprego”, relata Francisco Jorquera. “Cal é o problema con Amartya? Que a fin de mes vence a prórroga do contrato, polo que, se non se fai nada, isto pode acabar derivando na perda de postos de traballo”, alerta o portavoz do BNG.

Ante esta situación, o Concello, “se ten vontade política”, si dispón de ferramentas para, mentres non licitar un novo contrato, garantir que Amartya continúe a prestar os seus servizos e asegurar así que as traballadoras e os traballadores manteñan os seus empregos. “A Covid-19”, argumenta Jorquera, “non pode provocar que se suspenda o funcionamento do servizo de deportes desta cidade. Hai moitas tarefas por facer. Hai que planificar a próxima campaña, en que van consistir as escolas deportivas o vindeiro curso, ver como se adaptan á nova situación. Por tanto, precisamos do normal funcionamento do servizo e da experiencia e saber facer das traballadoras e dos traballadores”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

doce − dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.