O BNG A Coruña pregunta polos medios á disposición do persoal do concello que teletraballa

Nunha pregunta por escrito ao Goberno Local o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, denuncia que durante a pandemia “moitas persoas pertencentes ao cadro persoal do Concello e que se viron na necesidade de teletraballar tiveron que usar os seus propios equipos e os seus propios servidores de acceso a Internet ante a insuficiencia de medios do Concello”

Desde a formación nacionalista aseguran que “esta insuficiencia tería levado a que no chamado PRESCO, ou Plan de Choque, acordado polo conxunto de grupos municipais con presenza na Corporación, se contemplase a provisión dunha dotación económica de 840 mil euros para o desenvolvemento dun Programa de Modernización Tecnolóxica e Transición Dixital do Concello da Coruña”.

Neste sentido, Jorquera vén de rexistrar unha iniciativa para saber cales son os principais obxectivos dese programa de modernización e que medios se vai pór a disposición do persoal do Concello “que aínda a día de hoxe continúa a teletraballar”.

“Ten previsto o Concello fornecer de equipos informáticos ao persoal do Concello que desenvolve as súas tarefas mediante teletraballo?”, inquírelle Jorquera ao executivo coruñés, ao que lle pide tamén que provexa tamén a estas traballadoras de acceso a Internet.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.