O BNG pídelle ao Goberno local que retire os letreiros con nomes franquistas

Mantéñense sinalizacións como as da “Avenida Xeneral Sanjurjo” ou a “Praza Millán Astray”

A concelleira do BNG Avia Veira dirixiulle unha pregunta por escrito ao Goberno Local dando conta de que na cidade fican aínda sinalizacións e letreiros con nomes franquistas como os que indican a dirección cara á “Avenida Xeneral Sanjurjo” ou á “Praza Millán Astray”.

Veira pídelle ao Goberno Local que retire estas sinalizacións para evitar que se perpetúen “os nomes franquistas do rueiro que se retiraron no pasado mandato”, en aplicación do acordo plenario adoptado en 2009.

“Esta sinalización, ademais de perpetuar nomes franquistas, pode confundir as persoas que veñen de fóra da cidade e non coñecen o rueiro”, argumenta a edil nacionalista.

Na iniciativa, que se achega, Veira pregúntalle ao Goberno Local se coñece a “existencia desta sinalización desfasada” e se, no caso afirmativo, ten intención de a revisar e a substituír para a adecuar aos nomes actuais das rúas. A concelleira interésase tamén por saber en que prazo pensa o executivo coruñés retirar eses letreiros con pegadas da ditadura.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.