O Concello de Arbo aproba o 10% de bonificación no recibo do lixo

O Concello de Arbo impulsa unha bonificación do 10% para todos os veciños e veciñas de Arbo no recibo do lixo

En febrero do ano 2019 o Alcalde do Concello de Arbo solicitaba a aplicación de dita bonificación declarando asumir o compromiso de adoptar as medidas para trasladar, con efectos económicos, o importe equivalente ao da devandita bonificación ás persoas beneficiarias do servizo e de procurar unha redución de residuos medíante o mantemento ou a aprobación de novas medidas que fomenten a recollida selectiva, orientadas á prevención e redución da produción de lixo convencional ou ao fomento da reciclaxe dos envases lixeiros.

 

Con esta bonificación o Concello obtivo un aforro no canon a aboar a SOGAMA polas toneladas entregadas polo servizo municipal durante o ano 2019, aforro que se obterá tamén durante o 2020, e que se pretende trasladar aos usuarios do servizo a través dos recibos da taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo emitidos durante o ano 2020, buscando así repercutir directamente dita bonificación no canon unitario nas persoas usuarias e beneficiarias  do servizo.

 

Ao non presentarse reclamacións durante o prazo de exposición ao público, tras publicación de anuncio no BOPPO nº de data 25.02.2020, queda automaticamente elevado a definitivo o acordo plenario de aprobación provisional da modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa pola prestación do servizo de recollida de lixo co fin de trasladar aos usuarios o aforro logrado coa bonificación do 10% no canon de tratamento de residuos de SOGAMA, adoptado en sesión extraordinaria celebrada o día 20.02.2020

 

O alcalde do Concello de Arbo, destaca que esta modificación suporá un aforro no pago  do lixo é farase efectiva nos vindeiros recibos.  “Non é a primeira ordenanza que este goberno  modifica facendoa máis ventaxosa para os arbenses – así o traslada o rexedor Horacio Gil que asegura o seu compromiso cos veciños e veciñas de Arbo– “nos últimos anos dende a chegada deste goberno, modificouse a ordenanza da auga, piscinas municipais, I.C.I.O sempre pensando na economía, na creación de emprego e no benestar dos habitantes deste municipio “

Horacio Gil, prosigue:  “con estas medidas tamén se pretende reducir a cantidade de lixo que se bota ao colector xenérico, e promover a reciclaxe. Deste xeito darase un paso máis no compromiso de respectar ao medio ambiente e na concienciación municipal con respecto á importancia de actuar para reducir o volume de residuos que se xeran na actualidade”.

 

O Concello tamén repartiu nesta última semana 30 composteiros e pretende seguir repartindo máis entre a poboación arbense, para promover o compostaxe e o reciclaxe

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.