O DOG publicou os convenios de Agadic no primeiro cuadrimestre de 2020: 58.000 euros para financiar actuacións escénicas e musicais en Lugo

A través destes acordos a Xunta colabora coa programación de actividades dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios e da Rede Galega de Música ao Vivo en Foz, Lugo, Burela, Monforte de Lemos, Ribadeo e Viveiro

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar os convenios subscritos pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no primeiro cuadrimestre deste ano, que na provincia de Lugo suman case 58.000 euros para financiar a programación de actuacións escénicas e musicais en seis municipios.

Así, no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios a Xunta colabora cos seguintes concellos: o de Foz para a programación de actuacións na Sala Bahía durante o primeiro semestre de 2020; o de Lugo no auditorio municipal Gustavo Freire; o de Burela na casa da cultura; o de Monforte de Lemos no edificio multiusos; o de Ribadeo no auditorio Hernán Naval e o de Viveiro no Teatro Pastor Díaz.

Tamén se inclúe un convenio co Club Clavicémbalo de Lugo para as actividades promovidas dentro do circuíto da Rede Galega de Música ao Vivo do ano 2020; e un acordo co Club Cultural Valle-Inclán para colaborar na difusión de produción audiovisual na cidade de Lugo -neste último caso sen achega económica-.

A Agadic encárgase directamente da xestión de tres importantes canles de distribución escénica e musical, que desenvolve en colaboración con numerosas entidades públicas e privadas de toda Galicia. A Rede Galega de Teatros e Auditorios, a Rede Galega de Música ao Vivo e a Rede Galega de Salas garanten a estabilidade na programación de espectáculos e concertos de factura galega, ao tempo que lles achega aos espectadores unha oferta ampla, plural e aberta tanto no que se refire aos seus contidos como á súa descentralización xeográfica.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.