O Global DXT Team celebrará este sábado a reapertura das fronteiras provinciais cun roteiro ciclista polo Camiño Portugués a Santiago

O club ciclista patrocinado pola empresa organizadora das 4 Picos, a Epic Race e a Costa Atlántica MTB Tour, estreará a fase 3 cun itinerario de ida e volta entre Pontevedra e a capital galega

O club ciclista Global DXT Team celebrará o vindeiro sábado 13 de xuño entrada na fase 3 da desescalada e a recuperación da mobilidade interprovincial cun percorrido pola Ruta Xacobea. O itinerario organizado, co que se busca poñer en valor o deporte das dúas rodas e festexar a libre circulación por todo o territorio galego, cubrirá un roteiro de ida e volta entre Pontevedra e Santiago de Compostela, con saída e retorno na nosa cidade.

O concelleiro de Deportes, Tino Fernández, aplaude o retorno deste tipo de iniciativas, “ao supoñer un pasiño máis na volta á normalidade do deporte pontevedrés”, e asegura que os seus participantes “aplicarán tódalas medidas de seguridade establecidas para esta fase, incluída a de non superar as 20 persoas (o máximo permitido para a práctica deportiva non profesional ao aire libre)”. “Que mellor xeito de celebrar a circulación interprovincial que desfrutar en bicicleta do Camiño Portugués a Santiago, unha das rutas de turismo activo máis importantes de Europa”, sinala o tenente de alcalde.

O club ciclista que programou o roteiro está patrocinado pola empresa de organización de eventos deportivos Global DXT Pontevedra, artífice de probas como a Pontevedra 4 Picos Bike, 4 Picos Road ‘Clásica Evaristo Portela’, Epic Race Pontevedra e Costa Atlántica MTB Tour.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.