O Mercadillo Municipal de Arbo retoma a súa actividade

A reapertura esta contemplada entre as medidas adoptadas polo concello de Arbo para reactivar a economía local. O Mercadillo retomase na Praza Consistorio e na Praza do Mercado tódolos mércores de mes. Os postos do Mercadillo estarán adaptado ás medidas de seguridade e distanciamento establecida entre postos

O Concello de Arbo, reiniciou a súa actividade do Mercadillo Municipal do Mércores, suspendida dende a declaración do estado de alarma no pasado mes de marzo.

Os postos instalaranse na Praza Consistorio e na Praza do Mercado como viña sendo habitual.

O Concello de Arbo, recorda a obrigatoriedade de asistir con máscaras protectoras a realizar as compras, así como de gardar as distancias e cumprir coas instrucións que vaia indicando o persoal municipal, a garda civil e o persoal dos postos. Tamén lembran que para entrar as instalacións da Praza de Abastos deberá usar mascarilla e soamente se permite unha persoa por posto ou bancada.

O alcalde do concello de Arbo, Horacio Gil apela á “responsabilidade dos veciños e veciñas,  á hora de evitar aglomeracións e tentar manter sempre a distancia de seguridade recomendadas, usar mascarilla e ademais de todas as disposicións marcadas polo Goberno de España, a Xunta de Galicia e as autoridades sanitarias”. Coa reapertura do Mercadillo dos Mércores pretendese ir pouco a pouco adquirindo a normalidade, sempre coas condicións e medidas de seguridade, e dar un paso máis na reactivación da economía local.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.