O Pleno de Viveiro aproba instar aos gobernos para a nacionalización de Alcoa

A mans da concelleira Míriam Bermúdez, o BNG de Viveiro presentou unha emenda na sesión plenaria de Viveiro para instar aos Gobernos, tanto o galego como o español a nacionalizar Alcoa

Ante o anuncio por parte de Alcoa en San Cibrao o pasado xoves 28 de maio relacionado co peche da parte de Aluminio, que afectaría a máis de 800 persoas entre Alcoa e auxiliares segundo datos sindicais, o BNG propuxo a adopción dos seguintes acordos:

  • Instar ao goberno do Estado a nacionalizar ALCOA para evitar o seu peche e manter a produción e o emprego, a nacionalización de empresas é algo que están facendo os países do entorno europeo como Italia, -precisamente no sector de aluminio-, ou Alemaña onde, coa chanceler Angela Merkel á fronte, nacionalizouse de facto nada menos que a compañía aérea Lutthansa.

Reúne todos os requisitos desde o punto de vista legal, porque conta co amparo do Estatuto de Autonomía, do marco constitucional e tamén da normativa europea, polo que “estamos falando dunha cuestión de vontade política para manter viva unha comarca”.

  • Mudar o marco enerxético tendo en conta que Galiza é produtora neta de electricidade, poñer en marcha unha tarifa eléctrica galega cun estatus especial para as industrias electrointensivas.
  • Dirixirse ao Goberno Central é á Xunta de Galiza para solicitar a súa inmediata intervención para que a multinacional non deixe morrer a factoría de San Cibrao e recupere o 100% da actividade, evitando a destrucción de postos de traballo directos e tamén das auxiliares.
  • Expresar o apoio unánime da corporación do Concello de Viveiro a todas as traballadoras e traballadores de Alcoa San Cibrao e das empresas auxilaires, nestes momentos tan difíciles.

Míriam Bermúdez, pregúntase “a que xogan” o Gobernoo do PP na Xunta e o do PSOE no Estado, “teñen que deixar de botar balóns fóra cando máis de 20.000 persoas se manifestaron polas rúas de Viveiro exixindo solucións.” E di que “unha operación de compra-venda privada co actual marco enerxético xa vemos que non está resultando na antiga factoría de ALCOA na Coruña. É precisa a intervención pública para a súa nacionalización de facto.”

O resultado no pleno contou cos votos favorábeis de todos menos do PP, que obtou pola abstención ao crer que o Presidente da Xunta non ten competencias.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.