O próximo luns reactívase o control da Zona Azul no centro urbano de Tui

Dende o inicio do estado de alarma suspendérase a limitación de estacionamento nestas prazas

O próximo luns, 8 de xuño, reactivarase o control na Zona Azul de estacionamento gratuíto e limitado no tempo, que se suspendera no inicio do estado de alarma.

A Zona Azul, na que se pode estacionar de forma gratuíta durante un máximo de hora e media, aplícase nas rúas Augusto González Besada, Foxo e Rosa Bahamonde e as súas travesías.  Tamén nas novas prazas de estacionamento en Calvo Sotelo dende o cruzamento con Augusto González Besada até o cruzamento coa rúa Maristas. Son en total máis dun centenar de prazas.

O estacionamento gratuíto limitado a hora e media aplícase nestes viarios de 9 a 14 h e de 16 a 21 h salvo domingos e festivos, segundo recolle a Ordenanza Reguladora aprobada en 2008.

Dende o próximo luns a Policía Local encargarase novamente de controlar á Zona Azul para garantir a mobilidade dos vehículos estacionados.  Débese colocar o disco horario coa hora de chegada en lugar visible no parabrisas. O disco pódese adquirir, por un prezo de 0,60€ na tesourería na casa do concello, e nos comercios co indicativo. Tamén se pode empregar o disco de zonas azuis doutros concellos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.