O transporte público de Santiago recupera a normalidade e o horario de verán

Mañá mércores, 1 de xullo, entrarán en vigor os horarios de verán do servizo de transporte público de Santiago de Compostela

Será ese día cando se retome a normalidade no funcionamento deste servizo, despois de varios meses de limitacións motivadas polo drástico descenso da demanda de usuarios/as e das obrigas hixiénicas e sanitarias a raíz da Covid-19.

Todas as liñas recuperan os horarios habituais da tempada de verán. Durante estes primeiros días de xullo facilitarase a modificación de horarios no folleto impreso habitual e realizarase a substitución da cartelería nas paradas do municipio.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.