O transporte urbano de Vigo recibe o Certificado de Boas Prácticas ante o Covid-19

Abel Caballero informou que o transporte urbano municipal recibiu o Certificado de Boas Prácticas de Aenor pola xestión dos posibles riscos derivados da Covid-19. A certificadora revisará trimestralmente o cumprimento “escrupuloso” deste protocolo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou de que o transporte municipal recibiu, a través do Grupo Avanza e de Vitrasa, o Certificado de Boas Prácticas fronte a pandemia do Covid-19 concedido pola empresa Aenor.

O rexedor explicou que a o transporte urbano deseñou e implementou un protocolo moi esixente en todas as súas instalacións para o cumprimento de todas as instrucións das autoridades sanitarias e as mellores prácticas recomendadas polas institucións internacionais co obxectivo de garantir a seguridade dos viaxeiros e traballadores.

Ademais, indicou que implantáronse diferentes medidas en cada momento adaptándose sempre ás recomendacións das autoridades sanitarias para garantir a seguridade dos viaxeiros e entre as que destacan: a obrigatoriedade de máscara a bordo do bus, a eliminación do pago en metálico por pago con tarxeta, o acceso ao autobús pola porta central, a inhabilitación dos asentos dianteiros, a distancia de seguridade na entrada ao autobús e dentro do vehículo.

Con respecto aos traballadores, colocáronse mamparas de separación no posto do condutor de todos os vehículos, entrega de produtos de protección a toda a plantilla tales como xeles hidroalcohólicos, máscaras e luvas. Outras das medidas implementadas máis importante é a desinfección diaria de toda a flota de buses.

Aenor revisará trimestralmente o cumprimento “escrupuloso” deste protocolo en todas as súas instalacións. Desta maneira garántese que, os usuarios e traballadores de Vitrasa teñan a confianza de que as medidas de protección contra a Covid-19 cúmprense á perfección e que os autobuses son espazos seguros.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.