Obradoiros para os máis pequenos de Pontevedra na ludoteca do Mercado

A ludoteca do Mercado de Abastos de Pontevedra, O Ganapán, reinicia en xullo a súa actividade estival con obradoiros gastronómicos e artísticos para os máis pequenos da casa

O programa de lecer infantil, destinado a nenas e nenos de catro a dez anos, desenvolverase tódolos sábados e domingos en horario de 11:00 a 14:00 horas no primeiro andar do edificio da rúa Serra, sempre en dúas quendas: de 11:00 a 12:30 horas e de 12:30 a 14:00 horas.

Tal e como explica a concelleira de Promoción Económica e Turismo, a socialista Yoya Blanco, a ludoteca do Mercado “tivo que adaptarse, tanto no seu espazo como nas actividades deseñadas, á nova realidade post Covid-19, para garantir a seguridade dos pequenos, mantendo as distancias de seguridade e evitando as interaccións entre eles”. “Os contidos dos talleres, ademais de afondar na cultura do mar e da terra, como sempre, enfocaranse a reflexionar sobre a situación vivida durante a pandemia e a como adaptarse a esta nova normalidade. Ademais, promoverase a conciencia ecolóxica para salvar o futuro do noso planeta, con actividades como a elaboración de xabóns ecolóxicos ou a confección de máscaras artísticas”, sinalou Blanco.

Para poder asistir ás sesións, dunha hora e media de duración, os nenos deberán inscribirse previamente a través da dirección de correo electrónico ‘oganapan@omercado.gal‘.

Actividades de xullo:

SÁBADO 4: A nova normalidade: elaboración de xabóns caseiros e cubrebocas creativos

As nenas e os nenos asumiron un gran compromiso e responsabilidade durante a pandemia. Queremos ensinarlles a elaborar o seu propio xabón de maneira sinxela e divertida e tamén máscaras de protección cos deseños máis creativos.

DOMINGO 5: Ao rico xeado!

O xeado é un dos doces que máis se desfrutar no verán. Aproveitando as froiterías que hai no noso Mercado, imos elaborar uns falsos xeados moi orixinais. Tamén faremos chapas con deseños surfeiros e chaveiros personalizados.

SÁBADO 11: Patacapizza!

Como no Ganapán somos moi creativxs, que vos parece se este verán lle damos unha volta á nosa cociña e ás nosas actividades, personalizando as nosas receitas e a nós mesm@s. Para iso propoñemos un menú moi especial: xa que en Galicia comemos tanta pataca, elaboraremos minipizzas empregando como base a pataca e, para rematar, ímonos retratar como o faría o mesmísimo Picasso.

DOMINGO 12: O meu acuario

Como no Ganapán nos gusta moito reciclar e reutilizar, ímoslle dar unha segunda vida aos tarros de cristal que temos gardados, creando os nosos propios acuarios. Encántanos a vida mariña e, como xa sabemos, grazas ao noso Mercado, o mar está habitado por unha gran cantidade de peixes… Tamén nos achegaremos ao conto ‘Nadarin’, de Eric Carle, que empregaremos como punto de partida da actividade.

SÁBADO 18: Postais botánicas

No Mercado tamén podemos atopar plantas e flores. Baixaremos por parellas (para manter a distancia de seguridade) e cada neno e nena elixirá unha flor, así tamén lles permitimos facer unha visita á primeira planta e coñecer e descubrir unha chea de flores. Con elas, deixaremos despois voar a nosa imaxinación para crear mundos botánicos, xa que as posibilidades do xogo e a imaxinación son infinitas. Faremos ilustracións, creando seres da natureza, aos que vestiremos con flores e follas adquiridas no Mercado.

DOMINGO 19: Ai que calor!

Estamos feitxs unhas larpeiras! Por iso, este domingo imos chupar os dedos cun doce sorpresa que prepararemos, e para soportar a calor do verán, o mellor son uns abanicos creativos e coloridos como os que elaboraremos entre todos e todas.

SÁBADO 25: Contos para abrir o apetito

No Ganapán, ademais de desfrutar cociñando, tamén nos gustan moito os contos, especialmente os que xiran en torno ao apaixonante mundo da cociña e dos alimentos. Para completar a xornada faremos uns divertidos e orixinais marcapáxinas, que quedarán moi ben nos vosos contos.

DOMINGO 26: Ao rico rolo!

Ímonos meter no mundo do ‘wrapping’. Un ‘wrap’ é unha variante do ‘taco’ ou ‘burrito’ que inclúe recheos típicos de sándwich envoltos nunha tortilla ou outro pan plano brando. No Ganapán imos empregar tortillas de millo e distintos recheos con produtos saudables e saborosos do noso Mercado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.