Olalla Rodil: “A partir do 12 de xullo poñeremos en marcha un plan de reordenación de recursos humanos para acabar coa precariedade no SERGAS”

A candidata do BNG, Olalla Rodil, xunto coa número 3 da candidatura, Carme Aira, mantiveron unha xuntanza con traballadoras e traballadores do SERGAS

A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, xunto coa número 3 da lista do BNG, Carme Aira e o Tenente de Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, mantiveron unha xuntanza con persoal sanitario do SERGAS. Nesta xuntanza, Olalla Rodil trasladou o compromiso do BNG “para poñer en marcha un plan de reordenación de recursos humanos para acabar coa precariedade do SERGAS”. Segundo Rodil, “precisamos un sistema sanitario forte, que responda ás necesidades das galegas e galegos e non faga recaer a súa forza no esforzo sobrehumano das profesionais que traballan nel”.

“O persoal sanitario non precisa bonos de 250 euros para gastar en bares e restaurantes”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “coa crise do COVID-19 quedou máis claro aínda que desde a Xunta de Galiza debemos traballar para que o persoal sanitario teña unhas condicións de traballo dignas e estabilidade laboral”. Rodil defendeu tamén a posta en marcha dun plan de mellora da atención primaria, que dote aos centros de saúde e PACs dos recursos humanos, materiais e económicos necesarios.

A candidata do BNG afirmou que “nesta xuntanza quedou claro que os 11 anos de recortes do Partido Popular foron nocivos para as traballadoras e traballadores da sanidade pública”. “A partir do 12 de xullo, con Ana Pontón como primeira muller presidenta da Xunta de Galiza, desde o BNG traballaremos por darlle ao persoal sanitario a homenaxe que merece, en forma de condicións de traballo dignas e dereitos laborais”, declarou Olalla Rodil.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.