Os campamentos municipais de verán da Coruña reciben 3.975 solicitudes

As listaxes de nenas e nenos preinscritas/os publicouse o pasado venres nas webs municipais, informouse a través do 010 e envióuselle un correo electrónico a cada solicitante 

Os campamentos municipais de verán, que este ano ofrecen máis prazas que nunca debido á necesidade de conciliación das familias coruñesas por mor da crise da COVID-19, recibiron 3.975 solicitudes durante o período de preinscrición telemática correspondente aos pasados 27, 28 e 29 de maio.

Algunhas destas 3.975 solicitudes son repetidas, posto que as familias demandantes podían solicitar varios campamentos e varias quendas para unha mesma nena ou neno.

Estas solicitudes distribúense do seguinte xeito nas diferentes dependencias municipais que este verán ofrecerán campamentos:

– Fórum Metropolitano 472 solicitudes.  – OSG: 184 solicitudes. – Centro Ágora: 321 solicitudes. – Educación: 392 solicitudes. – Centros cívicos: 1.434 solicitudes. – Xuventude: 195 solicitudes – Deportes: 666 solicitudes – OMIC: 112 solicitudes. – Museos Científicos: 199 solicitudes

As listaxes de nenas e nenos preinscritas/os publicáronse o pasado venres día 30 ás 10.00 h nas diferentes webs municipais, tamén se informou a través do 010 e envióuselle un correo electrónico a cada solicitante.

Hoxe remata o prazo para que as persoas solicitantes realicen a súas posibles reclamacións sobre as listaxes de preinscrición. Pasadomañá terá lugar o sorteo, cuxo horario se pode consultar en cada centro, e o vindeiro 9 de xuño publicarase a listaxe de persoas admitidas e as que estarán en espera.

Os campamentos de verán comezarán a partir do 22 de xuño, cunha oferta histórica de prazas dispoñibles para axudar á conciliación das familias coruñesas nesta crise da COVID-19.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.