Os servizos administrativos do Concello de Carballo empezarán a funcionar a partir deste luns con cita previa

Prevista para a próxima semana a reapertura dos rexistros auxiliares do Pazo da Cultura, Servizos Sociais, Fórum e Deportes

O Concello de Carballo iniciará o luns 8, coincidindo co arranque da Fase 3 da desescalada, un proceso de reincorporación do persoal municipal que leva aparellada a implantación das medidas de protección necesarias para garantir a seguridade tanto dos traballadores e traballadoras coma das persoas usuarias dos servizos públicos. Como consecuencia da progresiva substitución do teletraballo polo traballo nas oficinas municipais tamén se restablecerá a atención presencial á cidadanía.

Os distintos servizos administrativos empezarán a funcionar con cita previa naqueles casos nos que non sexa posible utilizar vías alternativas como o teléfono, o correo electrónico ou a sede electrónica, que nestes momentos resulta imprescindible potenciar como canles de comunicación habitual entre a Administración e a veciñanza.

Nesa liña, o concello pon a disposición da veciñanza os enderezos de correo electrónico dos diferentes departamentos e servizos co obxectivo de evitar os desprazamentos aos edificios municipais:

Información xeral – infocarballo@carballo.gal

Correo para notificación electrónica – notificacioneselectronicas@carballo.gal

Secretaría Xeral – secretariamunicipal@carballo.gal

Contratación administrativa – contratacion@carballo.gal

Recursos humanos – xestiondepersoal@carballo.gal

Oficina Técnica Municipal – oficinatecnicamunicipal@carballo.gal

Servizos tributarios – servizostributarios@carballo.gal

Área económica e facturas – servizoseconomicos@carballo.ga.

Recadación – recadacionmunicipal@carballo.gal

Servizos Sociais – ssociais@carballo.gal

Policía Local – policia@carballo.gal

Cultura – culturacarballo@carballo.gal

Deportes – carballodeporte@carballo.gal

Protección Civil – pcivil@carballo.gal

Promoción Económica – promocioneconomica@carballo.gal

Turismo – turismo@carballo.gal

Centro de Formación Fórum Carballo – centroformacionmunicipal@carballo.gal

Escola de Hostalaría – escoladehostalaria@carballo.gal

Bolsa de traballo – bdt@carballo.gal

As persoas que queiran solicitar cita para acudir a algún departamento municipal poden facelo por teléfono nos seguintes números:

981 704 100 – Centraliña Casa do Concello

981 704 300 – Pazo da Cultura

981 709 010 – Fórum Carballo

981 704 706 – Servizos Sociais

981 702 109 – Oficina de Deportes

981 709 012 – Promoción Económica

981 702 077 – Turismo

O luns 8 empezarán a funcionar os rexistros auxiliares das oficinas de Deportes, Cultura, Servizos Sociais e Fórum, en todos os casos previa cita, como xa vén funcionando durante todo o estado de alarma o Rexistro Xeral situado na planta baixa da Casa do Concello.

Tamén empezarán a funcionar con cita previa as piscinas e as salas de fitness dos complexos deportivos Vila de Noia e Carballo Calero, pero polo momento só para as persoas abonadas, que poden chamar ao 981702109 (ext. 2) de luns a venres de 09:00 a 13:00 e de 16:30 a 20:30 horas, e os sábados de 09:30 a 13:00 horas.

O sistema de cita previa xa se vén utilizando nos últimos días nas bibliotecas municipais para os préstamos de material. Abonda con chamar ao 981 704 041 (de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres) para poñerse en contacto coa Biblioteca Municipal do Museo ou ao 981 758 580 (de 10:00 a 16:00 horas, de luns a venres) para a Biblioteca Rego da Balsa, coa que tamén se pode contactar no correo electrónico biblioteca@carballo.gal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.