Os socialistas de Monterroso denuncian que “o alcalde ten ser executar obras do 2019”

O Voceiro do PSOE en Monterroso, Rafael García  denunciou este luns que o Alcalde ten obras do Plan Único da Deputación do 2019, sen executar. “Son concretamente dúas melloras nas estradas municipais de Leborei a Vilanova e de Pedraza a Vilarfonxe, que supoñen un investimento de máis de 36.000 euros na vila con cargos aos fondos provinciais”

O Voceiro Socialista emprazou ao Alcalde a actuar e non mirar para outro lado. “Con esta actitude por parte do rexedor constatamos un abandono do rural por parte do Goberno de Monterroso. As veciñas e veciños das nosas parroquias merecen traballar e vivir no rural con dignidade, por iso son necesarias boas comunicacións na nosa vila”, insistiu.

Explicou ademais que con cargo a este investimento da Deputación de Lugo do 2019, o Concello de Monterroso executou outro tipo de melloras e acondicionamento nos viais da vila. Como por exemplo a mellora do firme da rúa Concepción Arenal con 24.000 euros; a mellora do firme da rúa Camiño Real con 26.934 euros; o reforzo de firme na estrada de Sirgal, cun investimento de 58.038 euros; a renovación de instalacións de alumeado público en San Lourenzo con 25.498 euros, así como a mellora do firme da estrada municipal de San Pedro a Fente con 45.242 euros.

Rafael García explicou que “dende o Grupo Socialista estaremos vixiantes para que se executen estas obras nestes núcleos rurais da nosa vila. Non podemos permitir nin consentir que as nosas veciñas e veciños perdan novas melloras nos viais das nosas parroquias, pola incompetencia do Alcalde”, resumiu.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.