Os socialistas participarán na manifestación a ‘Por un futuro para A Mariña’, convocada polos sindicatos

Está impulsada polos sindicatos UXT, CC.OO e CIG, baixo o lema “Por un futuro para a Mariña”, e celebrárase o luns día 22 en Burela

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e candidata ás eleccións autonómicas, Patricia Otero avanzou que participará na manifestación, convocada polos sindicatos UXT, CC.OO e CIG, baixo o lema “Por un futuro para a Mariña”, e celebrárase o vindeiro luns día 22, en Burela.

Otero remarcou que “o Grupo Socialista sempre estará ao carón dos traballadores para reivindicar un futuro económico estable na nosa Comarca. Por iso quero anunciar que vamos apoiar as reivindicacións que impulsan os sindicatos na Mariña Lucense. Hoxe e sempre estaremos con vós, traballando dende os concellos onde gobernamos, o Goberno Central, o Parlamento, a Deputación, ou outras institucións onde teñamos responsabilidades para loitar polo progreso da Mariña”.

A secretaria provincial remarcou que entre as peticións dos sindicatos convocantes reclaman inversións para a modernización e adaptación da rede de FEVE, así como a creación da Autoridade Portuaria propia para A Mariña e unha tarifa eléctrica para a industria electrointensiva.

Plan de industrialización e a recuperación da Área Sanitaria

Otero, tamén fixo alusión a outras demandas dos sindicatos como a petición dun Plan de industrialización e apoio aos sectores produtivos da Mariña, e no tocante á sanidade, reclaman a recuperación da Área Sanitaria da Mariña, con todas as competencias e servizos que iso implica. “Estes dous exemplos son o fiel reflexo do abandono do PP coa Comarca da Mariña, por unha banda o Goberno de Feijóo non investiu nin un só euro en modernizar e impulsar medidas industriais para a Mariña cando ten as competencias plenas, e por outra banda os constantes recortes e privatizacións da sanidade en Galicia”.

Futuro digno

Por último advertiu “a Mariña Lucense precisa dun compromiso firme do Goberno Central e da Xunta de Galicia, para garantir o seu futuro, por iso, o día 22 estaremos nas rúas, apoiando as reivindicacións dos sindicatos ao carón das traballadoras e traballadores da Mariña. Porque queremos un futuro digno para a Comarca”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecisiete − 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.