Patricia Otero: “Os socialistas esiximos a Alcoa que facilite a súa viabilidade”

O Grupo Socialista mantén a súa proposta de man tendida á Xunta de Galicia para traballar de xeito conxunto, ao carón da Mancomunidade de municipios da Mariña e os representantes dos traballadores, para sumar forzas e impedir o peche desta empresa, vital para a Comarca”

A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero remarcou hoxe o compromiso do Partido Socialista co futuro de Alcoa, e esixiu á empresa “que facilite a súa viabilidade”. A Secretaria Provincial explicou que a reunión da mesa confirmou a absoluta disposición do goberno de Pedro Sánchez para atopar unha solución que garanta os empregos e a viabilidade da produción de aluminio.

O Grupo Socialista mantén a súa proposta de man tendida á Xunta de Galicia para traballar de xeito conxunto , a carón á Mancomunidade de municipios da Mariña e os representantes dos traballadores, para sumar forzas e impedir o peche desta empresa, vital para a Comarca.

A dirixente socialista remarcou que “a unidade é a condición imprescindible para gañar esta batalla, e tamén é unha obrigación das institucións cos traballadores e traballadoras deste sector”. Nesa liña advertiu “lamentamos por irresponsable a cerrazón mostrada pola empresa onte (martes), e a súa negativa ao diálogo para evitar o seu peche”.

Otero expuxo “si Alcoa non quere dar continuidade ao seu proxecto industrial, debe deixar paso a unha venda para que outros o fagan. É unha obrigación inescusable para unha empresa que recibiu nos últimos 9 anos 693 millóns en fondos públicos”, espetou.

Acabáronse as escusas para a multinacional

E insistiu nas súas criticas “acabáronse as escusas para a multinacional. O Goberno deu garantías plenas en canto ao prezo da electricidade e esixiu á empresa un proxecto de industrialización que ofreza futuro de produción e emprego. A Xunta de Galicia e o PP deben descartar calquera tentación de instrumentalizar electoralmente a ameaza de peche de Alcoa, e aceptar a man tendida do Partido Socialista para sumar esforzos”.

“Agora é o momento da política con maiúsculas e de aunar esforzos. Os traballadores esíxennos, con toda a razón, que sumemos e desbotemos calquera enfrontamento partidista. Por iso quero que saiban que poden contar co apoio do Partido Socialista, como sempre fixemos. Revalidamos o noso compromiso co Comité de empresa para sumar forzas e dar un futuro aos traballadores, ás súas familias e a toda A Mariña”, avanzou a secretaria provincial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.