Pili Neira pregúntalle ao alcalde da Laracha: Podemos garantir unha praia de Caión tranquila e sen risco?

O verán é unha época de lecer e gozar nas praias, pero tamén o é de coidado e prevención, polo que o socorrismo nas mesmas, ten que ser unha prioridade.
Hoxe comeza o verán, e a praia de Caion non dispón dos 6 postos que necesita.
Porqué este atraso por parte do consistorio? Cómo van controlar o aforo?
Hai un protocolo de limpeza e desinfección da mesma?

A/A ALCALDE-PRESIDENTE DA CORPORACIÓN DA LARACHA

Asunto: Solicitude de información por escrito sobre seguridade e socorristas en Caión, Laracha.

Pilar Martínez Neira, concelleira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, e en nome de todos os seus integrantes e todo o PSdeG-PSOE da Laracha, ante o alcalde da Laracha, e como mellor proceda comparece e EXPÓN:

O calor, unido ás boas temperaturas convida á cidadanía a acudir ás praias.

En Caión, apréciase un significativo aumento de afluencia, decenas de persoas que acoden ao areal para tomar o sol, gozar do deporte, dunha xornada de convivencia en familia ou a darse un baño.

As distancias e controis de aforo, coa nova normativa que puxo en marcha o Goberno pola crise do COVID-19, obriga aos concellos a aplicar unhas medidas para a redución de riscos hixiénico sanitarios, e coa liberdade de que cada concello decida como facelo en función das características das súas praias.

O protocolo deberá ser trasladado ás persoas usuarias a través de accións, como cartelaría, onde se recollan as medidas hixiénicas adoptadas nos diferentes puntos de acceso á praia, distancia mínima, ou a forma de actuar en caso de presentar síntomas de contraer o virus.

As praias non son seguras, se as persoas usuarias que entran na auga ou aos e ás paseantes, ninguén lles atende en caso de emerxencia. Asómbranos que vostedes sacasen a concurso a contratación do servizo de socorrismo, e a día 20 de xuño, a praia non conte nin con socorristas nin con servizo de información, en forma de bandeira sobre o estado da mar.

O Grupo Municipal Socialista da Laracha, solicita por escrito:

Cando ten previsto o Consistorio dotar de socorristas a praia de Caión?

Hai algún protocolo de toma de temperatura corporal con termómetros electrónicos ao comezo de cada quenda para garantir que se detectaría calquera síntoma nas persoas traballadoras?

Terán que realizar os/as socorristas algún labor extra se ven algunha actitude inadecuada, como a de non cumprir a distancia interpersoal?

Facilitáraselles  xel  desinfectante para persoal e para o  material de Salvamento?

Facilitaráselles material de método  barreira para realizar reanimacións cardiopulmonares?

Van recibir un plus de perigo polas súas tarefas?

Como van controlar o aforo?

Hai protocolo de limpeza e desinfección da praia?

Como se informará das medidas de distanciamento social lóxicas, que nos marca a actual situación, así como do aforo e capacidade da praia?

Poderemos garantir unha estancia na praia relaxada, tranquila e sen risco ?

A Laracha, 20 de xuño de 2020

Asdo.: Pilar Neira Martínez

Concelleira do Grupo Municipal Socialista da Laracha

ALCALDE-PRESIDENTE DO EXCMO. CONCELLO DA LARACHA

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.