¿Por qué este ano non pendurou en María Pita a bandeira LGTBQi para conmemorar o Día do Orgullo?

A concelleira do BNG Avia Veira dirixiu unha pregunta por escrito ao Goberno Local para coñecer as razóns que este ano levaron o Goberno Local a non pendurar, a principios do mes de xuño, a bandeira do colectivo LGTBQi na fachada do palacio de María Pita, xesto simbólico para conmemorar o Día Internacional do Orgullo

Inquírelle tamén Avia Veira ao Goberno Local se o Concello ten programación propia para celebrar este día e, en caso afirmativo, se foi froito do diálogo “co asociacionismo representativo do colectivo LGTBQi”.

Considera a concelleira nacionalista que neste momento é “imprescindíbel” que desde as administracións públicas se “erga a voz” e se sexa “constante” nas garantías dos dereitos das persoas LGTBQi “especialmente nun contexto de ascenso de ideoloxías que negan os diferentes xeitos de amar e de sentir (se)” e, nese sentido, denuncia como na nosa propia cidade teñen aparecido adhesivos con mensaxes como “Fuck LGTB” ou “AntiBujarras”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.