Por qué non hai candidatos do P.G. nas listas de Marea galeguista?

opinion@xabier.gal

@xabiergzalez

“Queda moito, pero xa quedou máis; dubido, con razóns de peso, que as forzas que presentan candidaturas nas Parlamentares do 12-X perduren 90 anos… é máis, sospeito que algunhas non van ter percorrido alén dos 90 días.

Abofé que o tempo é noso, que non o temos emprestado por ninguén e que dependemos das nosas propias forzas e capacidade organizativa e ideolóxica.

É o que a Galiza esixe, non hai máis que escoitala!!

SINDÉRESIS

Vexamos se hoxe fíxome unha agradable visita Dona Sindéresis, se sentou ao meu carón a capacidade natural para xulgar rectamente e con acerto…

Para o ano que ven, serán xa 90 anos inenterrompidos de PARTIDO GALEGUISTA, con distintas xeiras, direccións e esperiencias pero SEMPRE POR GALIZA. Noventa anos de historia xuntos nunha traxectoria vital a cabalo de dous séculos é algo que, sen xénero algún de dúbida, é merecente de respecto por non dicir de reverencias.

O P.G. é o partido sixiloso, o que leva na sua xenética a sabedoría de que o protagonismo fútil  é pasaxeiro e desaparece, como o fume, sen deixar pegada que seguir en tempos vindeiros. Os PanGaleguistas son (somos) así, “radicais libres” excepcionalmente proactivos e reactivos, cuxa existencia é imprescindible para realizar determinadas funcións e manter o estado de saúde xeral do, metafóricamente falando, “corpo”.

Ao Galeguismo (con “G” maiúscula, como sustantivo que é e para non confundirse co da “g” minúscula que non pasa de ser adxetivo calificante ou apelido de quen non é “G” pero gostaría de se-lo) únenos nun magnífico NÓS emocional colectivo,  tan conceptualmente transversal e poliédrico no ideolóxico como o deben ser as alternativas de defensa da Nación que se saben hexemónicas, moi lonxe das que nacen e sobreviven conectadas a esperanzas pactistas para chegar a governar.

Porque a política de bloques é un desatino, unha carta electoral que só mobiliza ó descontento puntual e aos hooligans de cada partido. As lecturas de “todos contra un” ou “un contra todos” son puro marketing electoral, simplón e advenedizo, cuxo sempiterno resultado é que UN MILLÓN de votantes garden na casa  o seu dereito a voto coa esperanza, difícil pero ilusionante,  de que algún día xurda algo que lles motive garantíndolles unha representación real nas institucións e o dereito a esa voz que, agora mesmo e co que hai na partidocracia e institucións centralistas, négaselles.

Todo o anterior xunto coas achegas máis ou menos confidenciais que teño lévame, inevitablemente, ao seguinte

POR QUÉ NON HAI CANDIDATOS DO P.G. NAS LISTAS DÁ MAREA GALEGUISTA?

A formación na información é unha materia pendente, normalmente á “mass media” ten máis interese en montar versións de “Sálvame”, ou dos irmáns Marx, que documentarse axeitadamente. A quenes viven para propagar opinións que nos fagan opinar igoal que eles seguramente lla traia “o pairo” o, máis que revelador, detalle de que nas listas electorais da Coalición MAREA GALEGUISTA (PG, CxG e En Marea) non haxa nin un só candidato ou candidata que milite ou represente ao Partido Galeguista.

Non pode ser unha casualidade, máis ben ter que ser unha “consecuencia”. Son máis de 80 nomes e apelidos, todos vinculados dunha ou outra forma a CxG e En Marea; NINGÚN ao Galeguismo histórico da “G” maiúscula nin ao P.G.

Entón, cal é a análise do feito e a mensaxe que, con tanta rotundidade como contundencia,  pretende visibilizar e trasladar á sociedade o PARTIDO GALEGUISTA?

Certo é que, desde fai uns dez anos, non milito no P.G.; pero, coñecendo a quen está ao fronte e tamén as bases, sei que non é un problema de “postos”, nin “fotos”, nin nada que ver coa praxe egocéntrica que fai o que sexa para porse electoralmente “en venda”. Defendo apaixoadamente que, por outra parte, candidatas e candidatos teñen a obriga de defender un programa electoral concreto, para iso van nas listas e preséntanse. A todos e todas se lles supón convencidos e conversos a esa “verdade revelada” que hai que defender contra vento e as outras mareas, coalicións e partidos.

QUE ACONTECE ENTÓN CANDO O CORPUS PROGRAMÁTICO NIN OFRECE UNHA VERSIÓN ALTERNATIVA NIN XUSTIFICA COMPARECER DIANTE DUN ELECTORADO? Acredito, sen xénero algún de dúbida, que a  mensaxe tan sutil como contundente do P.G. é: “Donas e cabaleiros que teñen voto, fagan vostedes mesmos a lectura, a nosa participación nas listas non é a calquera prezo; temos o dereito e o deber de defender aquilo no que cremos e, xa que logo, deixamos sitio a quen enchalle por enteiro a proposta que se presenta”.

Ou, dito doutro xeito e transcribindo as palabras de NÓS GALEGUISTAS cando anunciou a súa “non colaboración” con Coalición MAREA GALEGUISTA: “Non atopamos en vos respostas axeitadas ou, tamén é posible, non soubemos facernos entender falando nun idioma galego máis comprensible. Unha campaña electoral dura uns poucos días, AS IDEAS PERDURAN NON TEMPO

Unha lista electoral visibiliza os “espazos en branco” nos que se escreben desacordos discretos, eses que non se fan públicos pola donosura Galaica pero teñen o inmenso poder do evidente.

O que está claro é que a decisión do PARTIDO GALEGUISTA e a súa “ausencia ética” nas candidaturas da MAREA GALEGUISTA que conleva é, sen reviravoltas, unha SORPRESA DIGNIFICANTE  QUE SENTA PRECEDENTE. Procurar que non haxa prexuízo electoral para a Coalición asinada e darlle a posibilidade de defender un programa; á vez que, lexitimamente, o PG marca distancias discretamente porque despois do fulión do 12-X vén o 13-X e o mapa xeopolítico de Galicia (xunto con ese millón de galegos e galegas que son un xigante durmido esperando a espertarse) seguirá esixindo un RELATO POLÍTICO NOVO, ferramenta útil para  recoñecer que conformamos unha nación tan única como plural e diversa, que ten a súa  vertebración e porvir natural no modelo aperturista dá “GALICIA DÁS REXIÓNS”, tan descentralizada que sexa quen de eliminar as prebendas da aristocracia institucional e política que só vive por e para Santiago

Sempre estarei a favor dá “reforestación electoral” dá “capital” con especies autóctonas e realmente representativas; deseguro levará anos facelo porque antes hai que arrincar eucaliptos, saramagos e outras especies e bichos invasores que manexan o noso como se fora deles…

Queda moito, pero xa quedou máis; dubido, con razóns de peso, que as forzas que presentan candidaturas nas Parlamentares do 12-X perduren 90 anos… é máis, sospeito que algunhas non van ter percorrido alén dos 90 días.

Abofé que o tempo é noso, que non o temos emprestado por ninguén e que dependemos das nosas propias forzas e capacidade organizativa e ideolóxica.

É o que a Galiza esixe, non hai máis que escoitala!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *