Prórroga de tres meses ás bonificacións da Tarxeta Cidadá de Lugo

As bonificacións están dispoñibles para persoas desempregadas, estudantes e persoas con mobilidade reducida

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou á veciñanza da prórroga das bonificacións da tarxeta cidadá a todas as persoas usuarias. Segundo Rubén Arroxo, “decidimos realizar esta prórroga debido á situación de emerxencia sanitaria”. “Con esta medida pretendemos que as persoas usuarias teñan un prazo maior para formalizar as renovacións anuais das súas bonificacións”, declarou Rubén Arroxo. As bonificacións dispoñíbeis enfócanse a persoas desempregadas, estudantes e persoas con mobilidade reducida, que desfrutan de prezos de viaxe e transbordo reducidos.

“Seguimos animando á veciñanza a que pague o bus urbano coa Tarxeta Cidadá” afirmou Rubén Arroxo, que explicou, “coa tarxeta, redúcese o contacto entre persoal e usuarios e usuarias do transporte público, o que na práctica se traduce en reducir os riscos de contaxio”. Ademais, o Tenente de Alcalde lembrou que “o prezo do billete redúcese de 0,64€ a 0,45€, ou incluso 0,31 no caso de ter dereito a algunha bonificación, pagando só 0,19€ se se realiza un transbordo”.

Para obter a tarxeta cidadá, deberá cubrirse o formulario que se pode atopar na web do Concello, ou recollelo nas oficinas municipais do seminario, e pagar a taxa de 3,09€ nunha oficina de Abanca. Despois, deberá pedirse cita no 010 para retirar a tarxeta nas oficinas do Concello. A recarga do moedeiro será, como mínimo de 5€, cun máximo de 60€.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

20 − uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.