Recadados 3.500 euros na Ruta Monte e Praias de Marín en beneficio da AECC

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, fixo entrega este mediodía do cheque cos cartos recadados a representantes da asociación, beneficiaria deste evento deportivo que este ano se celebrou o 8 de marzo e que xa é unha cita sinalada no calendario

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, fixo entrega esta mañá á Asociación Contra o Cancro de Marín dun cheque por valor de 3.500 euros, que foron os cartos recadados na Ruta Montes e Praias que se desenvolveu o pasado 8 de marzo na vila.

Desde a asociación quixeron agradecer “tanto ao Concello como a todos os que colaboran e fan posible este evento, que para nós xa é unha cita ineludible no ano”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.