Renovadas máis dun cento de camas nos centros residenciais públicos de Lugo para “mellorar o benestar das persoas usuarias”

A Consellería de Política Social completou o venres a instalación do novo mobiliario, cedido por Sanidade

A Xunta de Galicia acometeu a renovación das camas en cinco  centros residenciais públicos de maiores e de persoas con discapacidade da provincia de Lugo, coa instalación de 111 novas unidades entregadas pola Consellería de Sanidade. Esta mellora enmárcase no obxectivo de seguir avanzando no benestar das persoas usuarias.

En concreto, na provincia repartíronse 70 camas no Centro de atención a persoas con discapacidade (CAPD) de Sarria; 24 na residencia de maiores de Burela; nove na da Milagrosa (Lugo); cinco na das Gándaras (Lugo), e tres na residencia de Monforte.

A distribución fíxose en dúas quendas e completouse o pasado venres coa entrega de máis da metade das novas camas do CAPD de Sarria e das residencias de Burela e A Milagrosa. Deste xeito, os centros lucenses contan xa co novo mobiliario asignado.

Esta medida de renovación afecta a 18 centros no conxunto de Galicia, nos que a   Consellería de Política Social instalará 441 novas camas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.