Retiran un vehículo abandonado tralo Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra

O concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural, Iván Puentes, e o xefe do Servizo de Parques e Xardíns, Manuel Fontán, desprazáronse esta mañá ata as inmediacións do Pavillón Municipal dos Deportes para supervisar a retirada definitiva do Citroën ZX abandonado nunha parcela lindeira (entre a avenida de Compostela e a rúa Fernández Cochón)

O vehículo, que fora empregado como unha sorte de ‘chabola’ e que o paso do tempo convertera nunha escombreira, foi recollido por un guindastre da empresa Automociones Catoria SL en presenza dunha patrulla da Policía Local.

Segundo indicou o edil socialista, esta retirada foi a primeira que se enmarca dentro dunha ofensiva que incluíu a recente declaración dunha vintena de automóbiles como residuos sólidos urbanos e a incoación de oito novos requirimentos de retirada de coches (e dunha moto). En concreto, os vehículos para os que o Servizo de Disciplina Urbanística e Medio Ambiental ten emitidas as novas resolucións de declaración como residuos sólidos urbanos foron: un Honda SFX50, abandonado na Praza de Barcelos; un Peugeot Expert 1.9, no lugar de Barragáns (Campañó), á altura do kilómetro 1; un Seat Ibiza, en Mourente, á altura do km. 88,7 da N-541; un Peugeot 306, nas inmediacións do número 15 da rúa Augusto García Sánchez; un Fiat Punto, no lugar de Soutonovo (Campañó), próximo ao número 11; un Citroën C3, á altura do número 1 da rúa Raxado; un Opel Vectra, no número 3 de Amado Carballo; un Audi A3, no número 73 de Juan Bautista Andrade; un Renault Clio, no número 34 de Pintor Laxeiro; un Opel Astra, no depósito municipal; un Peugeot 206, no número 28 da rúa Padre Fernando Olmedo; e un Ford Focus, un Peugeot Expert Combi, un Chrysler Voyager, dous Renault Clio, un Fiat Seicento Van, un Opel Astra e un Fiat Ducato, todos eles no lugar de Meán (Os Praceres), nas proximidades do cemiterio.

No que atinxe aos requirimentos de retirada asinados por Iván Puentes nos últimos días, os turismos e camións son os seguintes: un Citroën C3, abandonado na rúa Alcalde Hevia; un Citroën C15, á altura do número 6 da avenida de Lugo; e un Ford Transit S-854, un Nissan L5009, un Nissan Eco T100 e dous Nissan L35.08, todos eles no lugar da Ponte do Couto, en Salcedo. Un destes requirimentos ten que ver cunha moto Yamaha NXC 125 abandonada na rúa de Dinamarca (Monte Porreiro).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *