Rubén Arroxo animou á veciñanza de Lugo “a celebrar o Día Internacional da Bicicleta”

O Tenente de Alcalde lembrou que “a bicicleta reduce a densidade de tráfico e asegura o mantemento da distancia entre persoas”. A área de Mobilidade está a preparar unha campaña de fomento do uso da bicicleta

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade, Rubén Arroxo, animou á veciñanza de Lugo a desprazarse en bicicleta no día de hoxe, para conmemorar a celebración do Día Internacional da Bicicleta. Segundo indicou Rubén Arroxo, “a bicicleta é un medio que reduce a densidade de tráfico e a contaminación, ademais garante que se cumpra a distancia entre as persoas”.

Rubén Arroxo lembrou que a área de Mobilidade está a deseñar unha campaña para fomentar o uso deste medio de transporte. Segundo declarou Rubén Arroxo, “estamos traballando para aumentar a cantidade de aparcadoiros para bicicletas e realizaranse accións, en colaboracións con empresas, para promover o uso deste medio de transporte entre as traballadoras e traballadores”.

“Estamos a aplicar iniciativas para transformar a mobilidade de Lugo cara un modelo máis sostible e propio do século XXI” afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “a bicicleta é un dos piares desta nova mobilidade que precisa Lugo”.

Foto: (Arquivo)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.