SEA e o Concello da Pobra avanzan na análise da ampliación do Polígono da Tomada

A xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, coñeceu o estudo que o Concello realizou para valorar a viabilidade da ampliación nun espazo de 190.000 metros cadrados

A xerente de Suelo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, realizou esta mañá unha visita ao Concello da Pobra do Caramiñal, localidade na que se ubica un dos 13 parques empresariais que xestiona a entidade, para manter unha reunión co alcalde Xosé Lois Piñeiro. O obxectivo do encontro era coñecer o plan que o Concello ten elaborado para a ampliación do polígono, despois de que se teña esgotado xa o solo disponible da ampliación que acometeu SEA.

A reunión mantívose no salón de plenos, coa presenza do técnico encargado do estudo, Juan Antonio Millán e as concelleiras Charo Varela, de Promoción Económica e Patricia Lojo, de Relacións Institucionais, así como o director comercial da SEA.

Na reunión proxectouse o estudo elaborado, que segundo destacou o rexedor constata que a ampliación, na zona sur do actual polígono, sería viable en canto o aspecto topográfico, dada que a mobilidade de terras sería posible. Non obstante, debido a que se trata dun prantexamento moi “proteccionista” estudarase a posibilidade de reducir a zona verde prantexada, para tentar chegar a un equilibrio que faga máis viable a nova área empresarial.

En paralelo, Xosé Lois Piñeiro avanzou que se valorará tamén unha segunda opción dende o ámbito supramunicipal, falando co concello de Ribeira de xeito “inmediato” para tamén analizar a posibilidade de retomar o proxecto dunparque empresarial que sumaría preto dun millón de metros cadrados.

A reunión de hoxe tivo lugar como parte do compromiso adquirido en febreiro pola xerente de SEA, Beatriz Sestayo, de estudar e analizar a ampliación deste polígono, dada a puxanza desta área e a demanda empresarial que se está a constatar.

En declaracións aos medios tras a reunión Beatriz Sestayo transmitiu a “absoluta coincidencia en ampliar, en chegar a esta terceira fase, e na repercusión favorable que para esta zona sería o poder contar cun novo espazo de dinamización económica e máis en tempos de Post-Covid. Cremos que cando as crises existen, o sector público ten que tirar e facer de motor para o crecemento sostible e para crear emprego e é no que estivemos traballando”.

En canto ao estudo presentado, valorou a “coincidencia no prantexamento de polígonos industriais que sexan sostibles, desde perspectiva medioambiental”, porque “hai que ir da man da industrialización e do respecto ao medio ambiente, pero tamén coa necesidade de que os prezos sexan o más accesibles posibles”

Sestayo lembrou que en SEA “consta a demanda de máis industrias das conservas, é unha zona privilexiada para iso, e polo tanto hai que traballar sobre esa demanda nun borrador técnico para ver se se pode ampliar o solo industrial nas propostas que plantexa a dirección técnica e cos prezos máis baratos atendendo ao e respecto medioambiental”.

En todo caso, o alcalde aclarou que a idea inicial presentada hoxe é a ampliación cara o sur e respetando a distancia de 200 metros de distancia ás vivendas. Ademáis, se plantexará a creación dun muro verde “para protexer aos veciños e manter a súa tranquilidade” e sinalou que se informará aos cidadáns con total transparencia en canto exista unha proposta firme.

En 2019 finalizouse a venta dos terreos dispoñibles na ampliación da Tomada, tan só catro anos despois da súa inauguración, coa ocupación total dos 106.000 metros cadrados dispoñibles, por parte de ata 6 empresas.

Na actualidade, SEA está elaborando ademáis o seu primeiro plan estratéxico, en busca dunha estratexia que permita coñecer as necesidades das empresas para asentarse nos parques empresariais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.