SEA presenta alegacións ao proxecto de prolongación da autovía da Costa da Morte

Suelo Empresarial del Atlántico presentou alegacións nos prazos establecidos ante a falta de conexión do treito proxectado co polígono industrial de Vimianzo, pese a ser unha competencia da administración autonómica, titular da estrada

“Suelo Empresarial del Atlántico”, organismo dependente nun 83,44% do Ministerio de Transportes en nun 15% pola Xunta, presentou alegacións ao proxecto de construción da primeira fase da prolongación da autovía AC-432 da Costa da Morte para dar servizo a Vimianzo e Camariñas.

A presentación de alegacións, avanzada pola xerente de SEA, Beatriz Sestayo, vai encamiñada a clarificar o ámbito competencial da conexión do polígono coa VAP, sempre dende un punto de vista construtivo e na búsqueda da maior colaboración entre administracións, que repercuta no ben común dos galegos e, neste caso, no dos veciños de Vimianzo e na creación de oportunidades de futuro.

Con este fin, SEA lembra que o parque empresarial de Vimianzo xa está executado na súa integridade dende 2011. Estaba incluido no Plan Sectorial de Ordenación das Áreas Empresariais de Galicia, que fora aprobado definitivamente polo Consello da Xunta xa en maio de 2004 e que saíu aceptado como Plans e Proxectos de Incidencia Supramunicipal no 2007.

O polígono foi executado conforme a este Proxecto Sectorial e co correspondente proxecto de Urbanización. Nestos instrumentos establécense o sistema viario do parque empresarial e a súa conexión coa estrada AC-522 A Coruña-Fisterra, que están executados na súa integridade.

As parcelas xa están integradas como solares no solo urbano consolidado do municipio de Vimianzo e o proceso construtivo é susceptible de licencia directa polo Concello. A recepción das obras polo Concello formalizouse en 2011. Os viais, as zonas verdes, os espazos libres, etc. son, así, titularidade municipal.

O novo vial de conexión da autovía co parque empresarial, polo tanto, non estaba incluido na normativa do proxecto sectorial nin no de urbanización que rexiu o políogono e, en consecuencia, require ser tramitado nos instrumentos de planificación fixados na lexislación sectorial de estradas.

A titularidade sobre a Autovía da Costa da Morte e a súa prolongación, ao non constar que forme parte da Rede de Estradas do Estado nin ter condición estatal, é autonómica, mentras que é de titularidade municipal o sistema viario do parque empresarial.

Neste senso, en canto ao réxime de competencias, hai que partir da premisa de que a Autovía de referencia non é de titularidade estatal nin se integra na Red de Carreteras del Estado. Con base nisto, o artigo 148.1.5 CE establece a competencia exclusiva das Comunidades Autónomas en materia de estradas cuxo itinerario se desenrole íntegramente no seu territorio. Así o establece o Estatuto de Autonomía de Galicia.

No ámbito concreto do polígono, existen numerosos exemplos de execución e financiación autonómica sobre vías da súa titularidade, como o correspondente á conexión da A-52 co polígono industrial de San Cibrao das Viñas.

En conclusión, as alegacións de SEA expoñen que a planificación e execución da autovía forma parte dunha materia atribuida á competencia exclusiva da Xunta de Galicia e non do Ministerio de Transportes e que a execución da prolongación corresponde á administración autonómica e non a esta sociedade estatal, nin aos organismos dos que depende, posto que non resulta afectada ningunha estrada da súa titularidade, nin que entre dentro do seu ámbito competencial.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.