Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta e Concello de Arbo asinan un convenio para melloras do polideportivo municipal

As obras serán contratadas a unha empresa local

Coas obras propostas para a mellora do pavillón, búscase frear as filtracións de auga no interior do edificio e reparar os danos existentes ata o momento, impedindo que se sega deteriorando a instalación, o que suporía un risco para os usuarios do pavillón e un gasto superior se non se frea  a entrada de auga para o vindeiro inverno.

Á vista da memoria técnica redactada polo Arquitecto Municipal, actualmente en varias zonas da cuberta do pavillón aprécianse os efectos das filtracións de auga a través da cuberta, que se suman aos derivados polo uso das instalación e o envellecemento dos materiais. Os danos existentes consisten principalmente en charcos de auga en pavimento, deteriorando o mesmo e producindo manchas de humidade en teitos e paredes de vestiarios.

A intervención pódese resumir nos seguintes apartados:

  • Cambio de cumieira
  • Cambio de paneis de policarbonato.
  • Cambio de canalóns e cuberta de vestiarios.
  • Saneado dos revestimentos danados polas humidades e aplicación de novo revestimento.
  • Pintado de todas as paredes e teitos afectados.
  • Limpeza e selaxe perimetral das carpinterías exteriores.

“A necesidade da actuación vén determinada pola importancia da instalación na promoción da práctica de actividade física e deportiva entre  a poboación do Concello da Arbo en xeral”, informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil. “Polo tanto, é unha actuación imprescindible para continuar co uso do pavillón e para que non se creen deteriores maiores, así como coa contratación a empresas locais, pretendese reactivar a economía deste colectivo afectado polo COVID-19”.

“O investimento enmárcase así no compromiso da Xunta de Galicia de favorecer aos pequenos concellos e de seguir impulsando o deporte entre todos os colectivo”, remata o rexedor que agradece a colaboración da administración autonómica e “na sensibilidade mostrada con este concello”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.