Sesións de ioga e pilates en xullo e agosto no parque de Freixeiro e no paseo de Xuvia de Narón

O Concello de Narón convocará este verán, a través do Padroado de Deportes, dúas actividades ao aire libre: ioga e pilates

As sesións desenvolveranse na zona do parque fluvial do río Freixeiro e no paseo marítimo de Xuvia e están pensadas para persoas maiores de 16 anos. O concelleiro de Deportes, José Oreona, avanzou que terán lugar dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto e recalcou que será preciso dispoñer de grupos mínimos de sete persoas para poder organizar as actividades, que terán un máximo de quince participantes. En caso de choiva as sesións levaranse a cabo no complexo polideportivo da Gándara.

As sesións previstas serán de luns a xoves entre as 10.00 e as 11.00 horas, celebrándose as de pilates os luns e mércores no parque de Freixeiro e os martes e xoves no paseo de Xuvia e as de ioga os martes e xoves en Freixeiro e os luns e mércores en Xuvia. O prezo das actividades é de 11,10 euros ao mes para ioga e de 17,35 euros ao mes para pilates, se ben as persoas maiores de 65 anos ou pensionistas pagarán 12,15 euros ao mes no caso das clases de pilates. Os participantes deberán aportar o material preciso (colchoneta, esterilla, toalla…).

As persoas interesadas en preinscribirse poden facelo dende o vindeiro luns, día 15, ata o 23 de xuño chamando aos números de teléfono 981 337 700 (ext.: 2503) ou 981 111 025 (ext.:7), de luns a venres en horario de 8.30 a 13.30.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.