Sinatura de Marcos Viso, autor e ilustrador de “O meu baleiro” (Hércules de Ediciones), na Feira do libro de Santiago

Hércules de Ediciones está presente na Feria do libro de Santiago. Así, mañá sábado 20 de xuño, ás 18h, o autor e ilustrador Marcos Viso asinará exemplares da súa nova obra “O meu baleiro”, un álbum ilustrado, dirixido fundamentalmente ao público infantil, no que reflexiona sobre as dificultades de afrontar o dó, así como sobre as distintas maneiras de vivir unha perda transformando o baleiro que nos deixa nun fermoso recordo

Sobre o libro:

Hércules de Ediciones acaba de lanzar a súa última novidade editorial titulada “O meu baleiro, un álbum ilustrado no que o seu autor Marcos Viso reflexiona sobre as dificultades de afrontar o dó, así como sobre as distintas maneiras de vivir unha perda transformando o baleiro que nos deixa nun fermoso recordo. Ademais, este libro, dirixido principalmente ao público infantil e xuvenil, tamén fala do valor da amizade e da importancia de renunciar ao orgullo para deixarse axudar ante unha perda.

Xestado moitos meses antes de que a Covid-19 chegase ás nosas vidas,  Macos Viso, autor tanto dos textos como das ilustracións, ve o nacemento deste libro como unha premonición. “Na situación na que nos atopamos é un tema que está moi presente”, explica o autor. “Non quixen facer un manual, `O meu baleiro’ é unha reflexión sobre as ausencias que crean baleiros, o medo, a soidade, as dúbidas, a aceptación dunha perda, pero tamén da amizade e como esta pode axudar a transformar esa falta nun recordo agradable”, resalta  Marcos Viso.

O proceso creativo das ilustracións de “O meu baleiro”, realizado con técnica dixital, foi desenvolvido por Marcos Viso coma se  esculpira unha obra de arte. Cun estilo elegante e intimista, o seu debuxo está baseado no volume contrapoñendo elementos grandiosos coa propia debilidade do protagonista.

Día: sábado 20 de xuño (18h).

Lugar: Caseta de sinaturas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.