Solicitan a reapertura e melloras no skatepark de Arteixo

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao Goberno municipal que execute melloras no skatepark e que o volva a abrir ao público. O skatepark de Arteixo necesitan actuacións urxentemente, antes de que suceda algunha desgraza que despois teñamos que lamentar”

Os deportistas reclaman melloras na pista xa que é moi rugosa e así non poden patinar adecuadamente. O skatepark tamén presenta varios imperfectos nas ramplas o cal dificulta esta práctica.

O problema máis grave e que máis dificulta aos deportistas chega do parque de  calistenia que ten situado á beira. Un parque de calistenia cun recheo de grava e pegado a un skatepark. “Parece surrealista pero é real” declaran dende a formación arteixán.

Esta grava que loxicamente salta con facilidade do parque de calistenia para a pista de skatepark “é un autentico perigo para os deportistas, xa que estas pedras enganchan nas rodas provocándolles perigosas caídas”.

“Solicitamos ao Goberno de Arteixo que solucione urxentemente estes problemas e que reabra a pista para que os usuarios poidan volver gozar coa práctica deste deporte”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.