TéCanela, primeira actuación do Ciclo Metropolitano Elas Son Artistas

“Antes de nada queremos agradecervos a vosa paciencia, sabemos que son tempos difíciles para todos, e desde o momento no que se decretou o estado de alarma, a organización do Elas Son Artistas puxémonos a traballar para non tomar decisións precipitadas”

“A nosa intención foi a de non cancelar, non deixar este ano orfo do espírito Elas Son Artistas en toda a área metropolitana da Coruña, e por iso decidimos transformar o Festival Metropolitano de Música e Artes pola Igualdade, nun Ciclo que se prolongará desde o próximo mes de xullo, ata o mes de decembro, e no que non faltarán ningún dos eventos xa anunciados: música e actividades en cada un dos oito concellos, nas salas e no Teatro, pintura, o obradoiro de escritura, poesía, artesanía…”

“A primeira das actuacións será a de TéCanela o próximo 3 de xullo ás 21.00h no auditorio do Centro Cultural A Fábrica do Concello de Oleiros e baixo un estrito cumprimento das medidas sanitarias para garantizar a seguridade e que todas e todos poidades gozar da maneira máis cómoda deste dúo de Zaragoza. Será, ademais, o primeiro dos eventos da nova normalidade neste concello”.

As entradas poderán adquirirse de maneira online nos próximos días a un prezo de 3,5€. Estade atentos as nosas redes sociais, xa que desvelaremos tamén o cartel completo”.

A creatividade da muller será protagonista un ano máis achegando eventos culturais a 8 concellos da área Metropolitana: A Coruña, Arteixo, Bergondo, Carral, Cambre, Betanzos, Oleiros e Sada, con case 360.000 habitantes. En todos os espectáculos, sexan de música, pintura, poesía… a característica que os une é que hai mulleres creadoras á fronte deles, aínda que iso non exclúe aos homes dos nosos escenarios.

Trátase dun proxecto que pretende visibilizar a igualdade na cultura e que incorpora tamén unha xornada profesional para traballar no ámbito das boas prácticas que permitan unha igualdade real no ámbito das artes, tanto por parte das administracións públicas como desde o sector privado, e da que pronto teremos tamén novidades.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.