Tino Fernández acusa á Xunta de “abandonar ás comunidades educativas á súa sorte”

O tenente de alcalde e concelleiro de Educación de Pontevedra, Tino Fernández, acusa á Xunta de Galicia de “facer pellas” e de “abandonar ás comunidades educativas á súa sorte” ante “a situación de incerteza e falta de planificación” coa que deben enfrontarse á reapertura dos centros escolares

O edil socialista rógalle a Núñez Feijóo “que asuma dunha vez as súas competencias en materia educativa, facilite ao profesorado e ás Anpa unhas directrices de seguridade e protección claras contra a Covid-19 e non converta as aulas en bombas de reloxería”.

Así llo esixiu Fernández ao ‘popular’ tras manter unha reunión virtual cos equipos directivos dos 20 centros públicos de Infantil e Primaria da cidade, organizada para tomar nota das principais actuacións de mantemento e conservación demandadas polos colexios de cara ao vindeiro curso académico. Tal e como explicou o concelleiro de Educación, o obxectivo deste encontro era o de trazar un plan de obras prioritarias que permita axudar, dentro das competencias do Concello, “a que todo estea nas mellores condicións posibles cando comecen as clases”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.