Unha unidade móbil para a doazón de sangue estará o vindeiro mércores na Praza da Gándara de Narón

Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este mércores, día 3, á Praza da Gándara (Rúa Pintor Soutomaior), donde se poderá doar sangue entre as 9.30 e as 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas. Dende o servizo recordouse que na actualidade, e con motivo de prevención fronte á Covid-19 é preciso pedir cita previa, chamando ao número de teléfono 900 100 828

ADOS recorda que as unidades móbiles e os locais de doazón cumpren todas as garantías de seguridade sanitaria e inciden, entre outras medidas, en non acudir a doar sangue se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Así mesmo, subliñouse que no momento de ir a doar se garde como mínimo un metro de separación nas zonas habilitadas para a espera.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

15 − 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.