Vigo amplía o programa de reforzo educativo para escolares este verán

Desde o primeiro de xullo e ata finais de agosto o alumnado de entre 6 e 12 anos de familias vulnerables recibirá formación en diferentes espazos da cidade para recuperar os contidos que puideran ter perdido durante o confinamento

O alcalde explicou este luns que neste 2020 o goberno municipal duplica a atención a este programa ampliando as clases de reforzo educativo tamén ao mes de agosto, dado que a emerxencia sanitaria pode ter provocado unha necesidade maior nas familias vulnerables.

O Concello oferta 84 prazas durante os meses de xullo e agosto para que o alumnado de entre 6 e 12 anos poida recuperar parte dos contidos que deixaran de aprender durante o curso escolar, paliando esa eventual perda das clases telemáticas. As traballadoras sociais contactarán coas familias do programa socio educativo de infancia e familia para a participación de nenas e nenos no reforzo educativo que se impartirá nos centros municipais de Teis, Rivera Atienza, Coia e o Casco Vello.

Campamentos de verán
Abel Caballero informou tamén do inicio este luns dos campamentos municipais de verán rn VigoZoo, Samil, Alcabre, Navia, Vigosónico, Mariñeiro en Etea, Bouzas, As Travesas e próximamente poñeranse en marcha os de Verán en Inglés, Coia e Casa da Xuventude. Amais, este luns abre o prazo para solicitar as praza nun segundo campamento ata completar as vacantes.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.