Revista do Fútbol Feminino Galego – Número 81 (xuño, 2020)

Carlos Castro

Cando unha contrariedade aparece na vida non hai mellor actitude que buscar se existe un lado positivo ao que poderse agarrar. O caso da paralización do fútbol crea unha frustración para os grandes afeccionados. En termos obxectivos, alén diso, e atendendo a criterios competicionais, tal vez o fútbol feminino galego non saíra ben parado. O Deportivo foi privado de ver até onde podía chegar unha vez que a permanencia na Primeira División estaba máis que garantida. O conxunto ía recibir en Abegondo ao primeiro dos dous grandes, nomeadamente o At. Madrid, e agora que sabemos que comezou o desfile das súas xogadoras, poder pasalo ben no resto da campaña que faltaba ollando o eficaz e bonito que era o seu fútbol.

En canto ao Friol, que pasaba por algunha dificultade, o normal é que mantivese a condición de equipo de Segunda División, moito máis tendo en conta que pola Reigosa tiñan que pasar o Sp. Gijón e o Pozuelo, aos que xa lles gañara cando os visitara en Asturias e en Madrid. Cando digo que non saímos ben parados é pensando no Viajes Interrías. Cando chegou o estado de alarma acababan de perder o liderado logo de perder en Santa Isabel contra o Victoria compostelán. No día anterior, co empate en Barrantes, o Monte empatara a puntuación das de Sanxenxo colocándose por riba debido ao goal average. Certo é que tanto o Umia como o At. Arousana pensarán diferente, sobre todo o cadro de Vilagarcía, que leva dúas temporadas consecutivas para esquecer e era o único que tiña comprados case todos os boletos para retornar á Primeira División Galega. En canto ao Umia habería moito que falar. Precisamente, o seu empate contra o Monte ilustra ben a condición dun equipo dirixido por un home milagre. Edu González ten unha traxectoria que o avala como técnico experto en alcanzar obxectivos, tanto por riba (El Olivo) como por abaixo (Erizana).

Probablemente, de ter unha campaña normal, ao mellor gañabamos un equipo máis en Segunda e o descenso do Arousana ficaba compensado co ascenso do Mos. O fútbol galego tería os mesmos cadros en categoría estatal coa diferenza de que, entre os dez, teriamos un máis en Segunda División do que agora. En fin, ben é certo que son as contas da leiteira, pero nada mellor que contra o negativo, pensar en positivo.

Contidos

Editorial ……………………………..            3

Antecedentes á preparación física actual.      4

U.D. Mos, o novo Nacional ……………..         6

Unha estrela atlética no futfem …………        11

Vimi, a MVP do partido máis importante.    12

Imaxes dunha temporada confinada ..     17

As “culler de madeira” …………………..          21

Libros: Compartiendo la gloria ………..          27

Doutra época, noutro lugar …,,,,,,,,,,,,,,.         29

Resultados de maio …………..,….…….          31

081. Revista FF. Xuño 2020

Chorima, 1984/85, primeiro “culler de madeira” do futfem galego.

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.