Elena Candia e Pedro Puy interviron nun mitin do distrito 5 da cidade de Lugo xunto a Carballo e Barreiro

A cabeza de lista do PPdeG pola provincia de Lugo, Elena Candia, sinalou no mitin deste sábado celebrado no colexio Menéndez Pelayo, na cidade de Lugo, que “acudir a votar é seguro” e; polo tanto, convida aos lucenses a acudir á cita electoral do vindeiro 12 de xullo.

 
O mitin contou tamén coa participación do candidato e voceiro municipal do PP, Ramón Carballo; o senador José Manuel Barreiro e o candidato popular pola provincia da Coruña e portavoz do Grupo Parlamentario Popular no mandato que remata, Pedro Puy, que recordou que “os galegos somos conscientes da importancia destas eleccións polas dificultades que está atravesando o país en plena pandemia con posibilidade de rebrotes e que vai a durar ata que apareza unha vacina”.
Puy engadiu tamén que, polo mesmo, “temos que ser responsables á hora de votar. Votar é un dereito que costou conseguir, pero tamén é un deber cívico especialmente cando o país pasa por dificultades e necesita un goberno estable que lle dea confianza e que poda xuntarnos a todos para saír desta”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.