20º certame de pintura rápida ao aire libre Cidade de Lugo

Celebrarase durante o vindeiro domingo 19 de xullo

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou a convocatoria do 20º certame de pintura rápida ao aire libre Cidade de Lugo, que este ano se celebrará o domingo 19 de xullo. No certame poderán participar todas as artistas maiores de 18 anos que o desexen, presentando unha única obra, que non se poderá asinar ata o momento no que se coñeza o ditame do xurado, que estará composto por profesionais das artes plásticas.

“O estilo e a técnica serán libres e a súa temática xirará sobre a cidade de Lugo en toda a súa extensión”, afirmou Maite Ferreiro. A execución será directa, diante do motivo ou do modelo natural. As inscricións realizaranse o día do certame, no momento de selado do soporte, entre as 09:00 e as 11:00 horas nas oficinas da área de Cultura para ser selado. As obras presentaranse entre as 16:00 e as 17:00 horas na Praza Maior, onde se coñecerá o ditame do xurado ás 18:00 horas. A partir dese momento, e ata as 20:00, farase unha exposición con todas as obras. Ao remate, as autoras e autores non premiadas poderán facerse cargo das súas obras.

O importe total dos premios é duns 5.550 euros distribuídos deste xeito: un primeiro premio dotado con 1.600 euros, un segundo con 1.100 e un terceiro, con 900. A maiores entregaranse 5 accésits de 300 euros e un premio especial ao artista local, nacido ou residente en Lugo, de 450 euros. Ademais todas as persoas galardoadas recibirán un diploma acreditativo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.