38 artistas inmortalizaron a cidade no 20º Certame de Pintura Rápida ao Aire Libre Cidade de Lugo

Andrés Gabarres gañou o 1º premio, acompañado de Rafael Carrascal no segundo posto e Miguel Anxo Martínez no terceiro posto. Ruth Miguel Díaz foi o gañador do premio especial á artista local, categoría que contou cun total de 9 participantes

Un total de 38 artistas inmortalizaron distintas zonas de Lugo durante onte no 20º certame de Pintura Rápida ao aire Libre Cidade de Lugo. A edil de Cultura, Maite Ferreiro, afirmou que este certame, “unha cita xa consolidada no calendario da actividade cultural lucense, contribúe a proxectar a riqueza patrimonial e cultural de Lugo, tanto entre os propios participantes como a través dos propios cadros, que recollen os recunchos máis fermosos da cidade”.

O xurado estivo composto por Encarna Lago, Iago Eireos e Noa Persán, e deu como gañador a Andrés Gabarres. O segundo posto outorgóuselle a Rafael Carrascal e no terceiro lugar premiaron a Miguel Anxo Martínez. As tres primeiras clasificadas recibiron un premio de 1.600€, 1.100 e 900, respectivamente

Os 5 accésit, cun premio de 300€ foron para os seguintes participantes: Isabell Seidel, Pablo Rodríguez, Benjamín Castillo, Fernando Sánchez e Piedad Santamaría

En canto ao premio para o artista local, cun valor de 450€, o xurado decidiu a Ruth Miguel Díaz entre os 9 participantes desta categoría.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.