A Cátedra Deloitte da UVigo premiará os mellores TFG e TFM do ámbito TIC con beneficio social

A Cátedra Deloitte da Universidade de Vigo ten convocados os seu premios ao mellor traballo fin de grao e traballo fin de mestrado do ámbito TIC con beneficio social. Os galardóns distinguirán dous traballos fin de estudos presentados no curso 2019/2020 por alumnado da UVigo centrados no ámbito TIC e nos que os beneficios sociais sexan un elemento clave no seu desenvolvemento.

Concederase un premio ao mellor TFG, dotado con 750 euros, e un premio ao mellor TFM, dotado con 1000 euros. Para poder participar nesta convocatoria, o alumnado deberá ter superado o traballo fin de estudos durante o curso 2019/2020 nalgunha das titulacións que ofrecen a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e a Escola Superior de Enxeñaría Informática cunha cualificación igual ou superior a sete puntos. O traballo, recolle a convocatoria, “deberá ter un impacto na sociedade que redunde nun beneficio para o desenvolvemento da mesma”.

O prazo de presentación de solicitudes, que é telemática, está aberto ata o 21 de setembro, tendo que presentar as persoas interesadas,entre outra documentación, unha memoria de non máis de cinco páxinas nas que se describa as características do traballo e os beneficios sociais relacionados con el e unha copia do traballo fin grao ou mestrado que concorre aos galardóns.

Criterios de avaliación

A comisión avaliadora dos premios estará formada por Íñigo Cuiñas, director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e da Cátedra Deloitte; Francisco Javier Rodríguez, director da Escola Superior de Enxeñaría Informática, e Rubén Frieiro, socio de Deloitte Advisory. A selección dos traballos gañadores realizarase de acordo con catro criterios, que son o seu carácter innovador, o deseño do plan de traballo (obxectivos, preguntas, instrumentos de recollida e medición de datos…), os beneficios sociais e o grao de aplicabilidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 + diecisiete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.