A CIG denuncia a suspensión das consultas de pediatría no Centro de Saúde de Burela.

A CIG Saúde-A Mariña denuncia a suspensión repentina e sen previo aviso das consultas de pediatría no Centro de Saúde de Burela no día de hoxe despois de recibir numerosas queixas de nais e pais.

O sindicato nacionalista expón que estaban programadas consultas, con crianzas citadas, e que “foron anuladas repentinamente e sen unha explicación oficial do SERGAS”, afirma.

“Non é normal a suspensión repentina de todas as consultas sen previo aviso, e a Directora do Distrito Sanitario da Mariña e o Xerente da Área Sanitaria deben dar explicacións trasnsparentes do que está acontecendo”, explican.

Esixen explicacións ao SERGAS e o restablecemento da atención pediátrica.

A CIG-Saúde da Mariña esixe que se dea unha solución inmediata en relación ao servizo de pediatría do Centro de Saúde de Burela, e que que se restableza o servizo que tamén afecta ás crianzas de Xove, Cervo e San Cibrao.

Para CIG Saúde da Mariña “a saúde é un dereito fundamental que debe ser garantido e protexido independentemente do lugar onde vivan os nosos nenos e nenas, polo que esiximos unha sanidade digna e de proximidade na nosa comarca que garanta a atención pediátrica de todas as nenas e nenos da Mariña”.

Nesta liña subliñan que este é “un dereito que defendemos no pasado, no presente e continuaremos defendendo no futuro”.

Un comentario

  • Inmaculada García Arroyo

    No es cierto k se hayan suspendido las consultas de pediatría. Solo se han suspendido desde ayer, las revisiones de los mayores de 4 meses dado el brote de covid- 19, tomando las mismas medidas que se adoptaron al inicio del estado de alarma y considerando la drástica disminución de recursos humanos en el servicio (una sola médico de atención pediátrica para tres cupos de población, y sin enfermera) . Dependiendo de la evolución del brote, se reanudarán las revisiones cuando la situación lo permita. La única revisión de hoy se ha anulado por causa de fuerza mayor, habiéndose mantenido la consulta telefónica citada, así como el seguimiento de casos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *